Concelleiro, concelleira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Concelleira»)
Concelleiros de Saint-Martin-de-Crau (Provenza-Alpes-Costa Azul) nun pleno.

O concelleiro ou concelleira,[1] ou edil,[2] é cada unha das persoas membros do pleno dun concello, elixida democraticamente cada catro anos nas eleccións municipais, dentro das listas electorais de cada partido ou coalición política que se presenta ás eleccións.

Funcións[editar | editar a fonte]

Os candidatos escollidos para a corporación local son os concelleiros, a eles correspóndelle fiscalizar ao executivo local, aprobar as regulacións municiapais e os orzamentos.[3] Os concelleiros poden formar parte do grupo de goberno municipal, se sosteñen ao alcade, ou poden formar parte do grupo ou grupos da oposición, se non apoian ao alcalde.

En España, os concelleiros deben escoller entre eles ao alcalde no primeiro pleno logo das eleccións locais e poden cesalo mediante unha moción de censura.[4] Noutros estados, a elección dos alcaldes é feita directamente pola cidadanía, polo que a tarefa dos concelleiros pasa por controlar a acción deste. Os concelleiros que forman parte do grupo de goberno poden ter unha ou máis materias dedicadas (facenda, seguridade cidadá, deporte, turismo ...) segundo a concellería que se lles atribúa. No caso español, estas a delegación de competencias están reguladas pola Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, así como a 39/2015, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e a 40/2015, de 2 de ocutubro, do réxime Xurídico do Sector Público.[5][6] Especialmente, en Galicia, tamén se aplica a Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.

O cargo de concelleiro pode ser remunerado, o que acostuma ocorrer nos municipios grandes. Os concelleiros do grupo de goberno poden formar parte da comisión de goberno do municipio.[7]

O número de concelleiros de cada municipio varía segundo a súa poboación de dereito, é dicir, a censada no padrón municipal.

O seu estatuto e a súa función están regulados por disposicións de dereito político e dereito administrativo. No caso de pasamento ou renuncia dun concelleiro, en España, ocupa o cargo o seguinte membro da candidatura por orde de colocación da lista electoral presentada.[8]

Notas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.