Conceju Nacionaliegu Cántabru

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Conceju Nacionalegu Cántabru (en galego: Concello Nacionalista Cántabro) é un partido político de ideoloxía nacionalista e de esquerdas que xorde en Cantabria en 1995, como canalización de movementos con reivindicacións cantabristas que se desenvolveran en épocas anteriores.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Defínese como unha organización de carácter socio-político nacionalista, que como tal busca a plena soberanía política do pobo co que se identifica, encamiñado sempre baixo os principios da esquerda. Tamén afirma o seu carácter ecoloxista e reclama o recoñecemento por parte das institucións dos gobernos español e cántabro da lingua cántabra e a toma de medidas que garanticen a súa protección, ensino e uso na vida cotiá do País.

Desde o ano da súa fundación, presentouse a tódolos comicios celebrados, tanto locais e autonómicos como estatais e europeos. Nas eleccións autonómicas de 2003 obtivo 1670 votos, sen acadar representación parlamentaria; nas eleccións municipais do mesmo ano as súas diferentes candidaturas sumaron 1100. Nas eleccións europeas de 2004 integrouse na coalición "Europa dos Pobos" (EdP), que obtivo un eurodeputado.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]