Conca de recepción

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A conca de recepción é o espazo delimitado pola parte inicial dun torrente, de forma cónica, similar á que tería un embude cortado pola metade. Na conca de recepción o torrente apaña as súas augas durante as choivas. Ten fortes costas e pendentes, polo que poden producirse nela grandes esboroamentos de terra, avalanchas e aludes.