Conan IV de Bretaña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Conan IV de Bretaña (113820 de febreiro de 1171), foi duque de Bretaña (1156 - 1166) e conde de Richmond (1146-1171)

Conan era fillo de Alan de Bretaña e Berta de Bretaña, filla de Conan III de Bretaña, quen designou a Conan IV como o seu herdeiro baixo a rexencia de Eudon de Porhoet, segundo marido de Berta, desherdando por ilexitimidade ao seu fillo Hoel que tras a súa derrota por Eudon ten que se conformar co título de conde de Nantes.

Ao chegar Conan á maioría de idade Eudon négase a deixarlle o poder, Conan colle as armas e aliado de Hoel enfróntase a Eudon, porén tras ser derrotados en 1154 Conan refuxiase en Inglaterra co apoio de Henrique II de Inglaterra quen lle confirma o título e posesións de conde de Richmond, herdado do seu pai. Ademais grazas á axuda militar inglesa volve a Bretaña para se facer co poder, porén a súa condición de vasalo do rei inglés provoca unha revolta dos señores bretóns dirixida por Eudon pero Conan vence e Eudon ten que se refuxiar fóra de Bretaña. Conan IV queda proclamado duque en 1156, aínda así nese ano os nanteses matan a Hoel e proclaman conde a Godofredo Plantagenêt, irmán pequeno de Henrique II.

En 1160, coa benzón do rei de Inglaterra, Conan casou con Margarida Huntingdon, filla de Henrique de Escocia. Constanza naceu pouco tempo despois.

Unha nova revolta dirixida por Eudon de Porhoet déulle a Henrique II o pretexto para intervir en Bretaña co seu exército, obrigou a abdicar a Conan en favor dun dos seus fillos, Godofredo en 1166.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Etienne Gasche, Petite histoire des Rois et Ducs de Bretagne, éditions Yoran Embanner, 2006