Comunidade de Cristo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Comunidade de Cristo, antes coñecida como a Igrexa Reorganizada de Xesucristo dos Santos dos Últimos Días ou RLDS. Con sede en Independence, Missouri, a fe comparte as súas orixes coa Igrexa de Xesucristo dos Santos dos Últimos Días (a igrexa Mormona).

Amorno da Comunidade de Cristo en Independence, Missouri, USA. Dedicado en 1994

A historia das dúas máis grandes denominacións comeza a separarse coa morte do fundador, Joseph Smith o 27 de xuño de 1844 en Carthage, Illinois. Os historiadores ás veces refírense á rama do Medio Oeste do movemento como os "Santos da Pradera" ou "Josefitas" e aos do Oeste (Utah) como os "Santos das Montañas Rochosas" ou "Brighamitas".

A Comunidade de Cristo ten hoxe aproximadamente 250.000 membros en 50 países. A igrexa posúe dous templos, o templo orixinal de Kirtland, en Ohio (un sitio histórico, parte do seu ministerio educativo), e o relativamente novo Templo de Independence, Misurí, que serve de sede mundial da Igrexa. A Igrexa opera a Universidade Graceland, con predios educativos en Lamoni (estado de Iowa) e en Independence (estado de Misuri). A Igrexa ademais posúe e opera sitios históricos no que foi o Afastado Oeste en Misuri), Lamoni (estado de Iowa) e en Plano, e Nauvoo (en Illinois).

A Comunidade de Cristo está dirixida por unha Primeira Presidencia, que consiste dun Profeta-Presidente e dous conselleiros. O ministerio da igrexa é supervisado polo Concilio dos Doce Apóstolos e coordinado a travez do mundo polos Quorums de Setentas e as necesidades temporais da igrexa son administradas polo Bispado Presidente. Reunidos, estes quórumes coñécense como o Concilio Conxunto. Cada dous anos, delegados de todo o mundo reúnense para votar sobre os asuntos da igrexa na Conferencia Mundial.

Durante as últimas décadas a Igrexa progresou na súa misión, dedicándose a promover a tolerancia e redifiniéndose como unha igrexa de "Paz e Xustiza". Algúns cambios inclúen a ordenación de mulleres ao sacerdocio (a través dunha revelación recibida polo Presidente Wallace B. Smith en 1984) e o cambio de nome publico da igrexa.

Historia da igrexa[editar | editar a fonte]

Historia Temperá[editar | editar a fonte]

Os primeiros anos da Comunidade de Cristo compárteos con outras denominacións do movemento dos Santos dos Últimos Días, o que se orixinou en Palmyra, New York baixo o liderado de José Smith Jr. Coa axuda de Oliver Cowdery e Martin Harris, Smith ditou e publicou escrituras e formou unha nova igrexa. Esta igrexa creceu rapidamente. As súas fortes crenzas, un Deus que se revela continuamente e as súas comunidades frecuentemente pareceron peculiares e algunhas veces ameazantes para quen non eran parte do movemento. Sufrindo oposición dos seus veciños, os primeiros Santos dos Últimos Días estableceron e foron hechados de varios lugares de reunión os que incluíron Kirtland, Ohio, Independence, Missouri, Far West, Missouri e finalmente Nauvoo, Illinois.

Período de "Desorganización"[editar | editar a fonte]

Logo da morte de Smith na prisión de Carthage, Illinois, o movemento caeu en confusión e desorganización polo asunto da sucesión. Varios líderes emerxeron clamando a presidencia da igrexa o que levou á formación de varias faccións. O grupo máis grande seguiu a Brigham Young, quen os levou ao que hoxe en día é Utah sendo coñecidos hoxe como A Igrexa de Xesucristo dos Santos dos Últimos Días (mormones). Outros grupos foron formados por: Sidney Rigdon, James J. Strang, Lyman Wight, Alpheus Cutler, William Smith, e David Whitmer.

A "Reorganización" da Igrexa[editar | editar a fonte]

Moitos dos Santos dos Últimos Días crían que Smith designara ao seu fillo maior, Joseph Smith III, como sucesor e esperaron polo mozo Joseph a que tomará o lugar do seu pai. O Mozo Joseph tiña só 11 anos de idade á morte do seu pai; a súa nai Emma Ale Smith e a súa familia permaneceron en Nauvoo no canto de irse con algún dos líderes que pretendían a presidencia.

Durante os anos 1850, grupos de Santos dos Últimos Días do Medio Oeste que non estaban afiliados con ningunha facción comezaron a reunirse. Estes líderes que incluíron a Jason W. Briggs e Zenos H. Gurley. comezaron a chamar a unha Nova Organización do movemento dos Santos dos Últimos Días. eles convidaron ao mozo Joseph III a dirixir a Nova Organización quen aceptou só logo que recibiu unha confirmación espiritual de que era o curso correcto de acción. Na Conferencia en Amboy, Illinois o 6 de abril de 1860, Joseph III formalmente aceptou o liderado da que sería coñecida como a Igrexa Reorganizada de Xesucristo dos Santos dos Últimos Días. William Marks, quen servía como presidente da Estaca de Nauvoo á morte de José Smith Jr., serviu como conselleiro de Joseph III na reorganizada Primeira Presidencia.

A Presidencia de Joseph Smith III[editar | editar a fonte]

Inicialmente, Joseph III continuou vivindo en Nauvoo, pero ao pasar o tempo determinou mudarse. O mudouse a Plano, Illinois onde a imprenta da igrexa fora establecida e serviu como a sede da igrexa. Joseph III e os seus irmáns, Frederick G. W., Alexander Ale Smith, e David Hyrum Smith serviron en moitas misións para a igrexa, reunindo a moitos antigos Santos dos Últimos Días na Reorganizacíón.

Mentres a igrexa crecía, moitos membros sentiron a necesidade de reunirse e vivir algunhas dos ensinos dos comezos da igrexa. Aínda que Joseph III evitou chamar a un novo lugar de reunión, o apoiou os esforzos dos membros quen fundaron unha cidade chamada Lamoni ao oeste de Iowa. Smith III eventualmente mudouse a Lamoni, a que se converteu na sede da igrexa.

Durante a última parte do século XIX, Joseph Smith III e a igrexa víronse envolvidos nun xuízo contra a Igrexa Mormona pola propiedade do Templo de Kirtland, co que se gaño o título limpamente para a igrexa Comunidade de Cristo do Templo construído en 1835por Josepoh Smith Jr. En 1880, unha corte de Ohio ditou que a Igrexa Reorganizada era a continuadora legal da igrexa orixinal.

Ao final da súa vida, Smith III mudouse a Independence, Missouri, cidade que o seu pai dedicou como o "lugar central" para a cidade de Sión. Él morreu o 10 de decembro de 1914, liderando a Igrexa Comunidade de Cristo por 54 anos.

As Presidencias de Frederick M. Smith e Israel A. Smith[editar | editar a fonte]

Auditorio en Independence, Missouri, Estados Unidos

O fillo de Joseph Smith III, Frederick Madison Smith, foi aceptado en 1915 como o seu sucesor na presidencia. Durante a presidencia de Frederick M., a igrexa mudou a súa sede a Independence, Missouri. A visión de Frederick M dunha igrexa crecente incluíu a construción dun enorme edificio para a sede mundial coñecido como o Auditorium. Frederick M. ademais impuxo un maior grao de centralización na administración da igrexa ao emitir a direccion do Control Supremo.

Logo da morte de Frederick Smith en 1946 foi sucedido polo seu irmán Israel Alexander Smith, quen presidiu nunha era de optimismo e crecemento logo do fin da segunda guerra mundial.

As Presidencias de W. Wallace Smith e Wallace B. Smith[editar | editar a fonte]

Logo a inesperada morte de Israel A. Smith en 1958, foi sucedido polo seu irmán W. Wallace Smith, o terceiro fillo de Joseph III en converterse en presidente da Igrexa. Logo de asumir o seu cargo, W. Wallace chamou ao Profesor da Universiad de Graceland Roy Cheville para ser o Evanxelista Presidente da Igrexa. Esta acción foi nova porque o oficio fora até o momento tomado por un membro da familia Smith.

En 1976, W. Wallace Smith designou ao seu fillo Wallace B. Smith como o seu sucesor. Wallace B. asumiu a presidencia en 1978 logo de dous anos de preparación. W. Wallace entón retirouse e converteuse no primeiro Presidente Emérito até a súa morte en 1989. En 1984, a igrexa estendeu a ordenación ao sacerdocio a mulleres por primeira vez a través dunha revelación. Wallace B. tamén anunciou que a igrexa construiría un templo, dedicado á paz, en Independence. Cando o templo foi completado e dedicado o 17 de abril de 1994.

A Presidencia de W. Grant McMurray[editar | editar a fonte]

Aínda que o patrón fora que a presidencia levase a través da liña de José Smith Jr., Wallace B. designou a W. Grant McMurray como o seu sucesor. McMurray servira no Departamento Histórico da Igrexa desde que tiña 26 anos, até o seu chamado como Secretario da Igrexa en 1982. McMurray converteuse no Profeta/Presidente en 1996 e Wallace B. converteuse en Presidente Emérito.

Na Conferencia Mundial en 2000, a igrexa votou para cambiar o seu nome de "Igrexa Reorganizada de Xesucristo dos Santos dos Últimos Días" ao seu actual nome, a "Comunidade de Cristo", a que define máis claramente o propósito da igrexa. Este cambio efectuouse o 6 de abril de 2001.

O 29 de novembro de 2004, W. Grant McMurray resignouse da súa posición como Profeta/Presidente. Os outros dous membros da Primeira Presidencia, presidentes Kenneth N. Robinson e Peter A. Judd, continuaron funcionando no seu rol de liderado. Os presidentes Robinson e Judd en conformidade coa guía e pauta de instrución en sucesión dada por Joseph Smith III anunciaron que o Consello dos Doce Apóstolos, en conxunto aos outros quórumes do sacerdocio da igrexa, considerarían quen debería suceder a McMurray. O 7 de marzo de 2005, os Doce anunciaron a súa convicción de que Stephen M. Veazey era chamado por Deus a ser o próximo Profeta-Presidente da Comunidade de Cristo. Unha Conferencia Mundial especial foi levada a cabo en xuño do 2005 onde a igrexa en xeral tivo a oportunidade de soster a Veazey como o novo profeta e presidente da Comunidade de Cristo.

Presidencia de Stephen M. Veazey[editar | editar a fonte]

Stephen M. Veazey é o actual Profeta e Presidente da Comunidade de Cristo. Antes á súa ordenación a este oficio o 3 de xuño de 2005, serviu como membro do Concilio dos Doce Apóstolos. Él é o oitavo presidente da Comunidade de Cristo.

Como ministro de tempo completo desde 1982 foi ordenado Presidente dos Setentas na Conferencia Mundial de 1988 e como Apóstolo en 1992. En abril de 2002 foi apartado como Presidente do Concilio dos Doce e director dos Campos apostólicos. Tamén el foi responsable do ministerio de plantación de novas congregaciones e ministerios para mozos.

As súas asignacións previas foron na área misioneira e administrativa no campo de misión do sur de Estados Unidos, incluíndo Florida, os estados do Golfo de México, Sur Central e rexións do Sueste, o campo de África e a rexión do leste en Estados Unidos (Estaca de Saint Louis, Rexións Centro-Este e Centro-Sur, Rexión Centro-Norte, Estudos de liderado avanzado na sede mundial e ministerio para afroestadounidenses).

Antes de 1983, Veazey foi ministro executivo na congregación de Fremont, California e tamén foi encargado do programa de desenvolvemento misioneiro na Estaca San Francisco Bay.

O señor Veazey asistiu á Henry County High School no estado de Tennessee e obtivo o seu grao de Bacharel en Ciencias na Universidade de Tenneesee. Logo recibiu a súa Master en Artes de Relixión no Park College en 1985.

O seu servizo adicional á Igrexa foi en varios roles incluíndo unha asignación baixo contrato cando era adulto-moza por dous anos na rexión do Pacífico Noroeste, Pórtland Metropolitano, Director de Campos e Seminarios para mozos, Ministro asociado para ministerio do campo para mozos, "Ancián" presidente e conselleiro na congregación de Paris, en Tennessee.

No seu primeiro sermón como presidente, Stephen M. Veazey exhortou aos membros da igrexa a ser discípulos activos e a compartir a plenitude da paz de Cristo. Ademais, ofreceu desculpas no seu nome e no da igrexa a todos aqueles que foron feridos as accións desa confesión ou dos seus membros. Tamén pediu aos fieis deixar de ser divisivos e a deixar de porse cualificativos. Animou aos membros a abrazar as súas diferenzas e a chamarse, sen importar cuán diferentes son as súas concepcións teolóxicas e morais, irmás e irmáns en Cristo.

Doutrinas Principais[editar | editar a fonte]

Selo da Igrexa nas portas do Templo de Independence

Los Santos dos Últimos Días da Comunidade de Cristo foron chamados "os Santos da pradaría" e o biógrafo de Joseph Smith III referiuse ao primeiro presidente da Reorganización como o "Profeta Pragmático". Desta maneira, os Santos dos Últimos Días do Medio Oeste foron unha ponte entre as crenzas dos seus curmáns os Santos de Utah e o cristianismo en xeral.

En contraste á igrexa mormona cuxa cosmología inclúe unha Divindade de tres "distintos personaxes" progresando de acordo a un "plan de exaltacion", os Santos dos Últimos Días da Cmunidad de Cristo aceptan a Doutrina ortodoxa de Deus.

As prácticas do Templo entre as dúas denominacións tamén difiren. Os Templos de Kirtland e Independence son lugares de educación e adoración públicos e abertos para todas as persoas. O Templo de Independence foi dedicado á procura da paz. Cada día do ano ás 12:30 CST ofrécese unha oración pola paz no Santuario do Templo.

Sacramentos ou Ordenanzas[editar | editar a fonte]

A Comunidade de Cristo practica oito sacramentos ou ordenanzas:

  • Bautismo
  • Confirmación (Bautismo do Espírito Santo)
  • Bendición dos Nenos
  • A Cea do Señor (Comuñón)
  • Matrimonio
  • Bendición da Enfermos
  • Ordenación ao Sacerdocio
  • Bendición do Evanxelista

Escrituras[editar | editar a fonte]

A Comunidade de Cristo recoñece a Biblia como o libro fundamental de escrituras para a igrexa, o Libro de Mormón e o libro de Doutrina e Pactos como escritura adicional.

  • A Biblia Durante a súa vida, Joseph Smith, Jr. comezou un proxecto para revisar a versión da Biblia do Rei Santiago (King James Version). Logo da súa morte, os manuscritos permaneceron na familia Smith a que como miemboros da Comunidade de Cristo doaron á igrexa. O traballo foi publicado pola igrexa como a "Versión Inspirada" da Biblia. Os membros da Comunidade de Cristo tamén aceptan e fan uso de traducións modernas da Biblia.
  • O Libro de Mormón A Comunidade de Cristo publica en inglés dúas versións do Libro de Mormón. A Edición Autorizada baséase no manuscrito orixinal que se usou para a primeira edición e na Segunda Edición de 1837 revisada por José Smith Jr. O seu contido é similar ao do Libro de Mormón publicado pola Igrexa de Xesucristo dos Santos dos Últimos Días (mormones), pero a versificación é diferente. A Comunidade de Cristo ademais publica unha Edición Autorizada Revisada a que presenta un inglés moderno. A Edición en español baséase na Versión Autorizada do Libro de Mormón.
  • O Libro de Doutrina e Pactos Este continuo e crecente volume de escritura contén revelacións seleccionadas e outros documentos principalmente dados a través dos Profetas-Presidentes e ratificadas pola lei de común acordo pola membresía da Comunidade de Cristo. Esta edición difire considerablemente da publicada pola Igrexa Mormona, comezando co nome Doutrina e Convenios. Ambas están moito máis ampliadas que a súa primeira versión de 1835. En contraste á práctica da Igrexa Mormona quen posterior a 1844 non tivo novas revelacións/seccións, a Comunidade de Cristo continúa agregando revelacións dadas a través dos seus profetas-presidentes. Steve M. Veazey presentou a máis recente revelación á igrexa, a que foi aceptada como a Sección 163 en marzo de 2007.

Notas[editar | editar a fonte]

  • Richard P. Howard, The Church Through the Years, Herald House: 1992.
  • Roger D. Launius, Joseph III: Pragmatic Prophet, University of Illinois Press: 1995.
  • Inez Smith Davis, The Story of the Church: A History of the Church of Jesus Christ of Latter Day Saints and of Its Legal Successor, the Reorganized Church of Jesus Christ of Latter Day Saints, 12th edition, Herald House: 1981.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]