Compromiso de Connecticut

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Compromiso de Connecticut de 1787 nos Estados Unidos, tamén coñecido como o Gran Compromiso, orixinouse na creación dos corpos lexislativos. Uniu ao Plan Virxinia que favorecía a representación baseada na poboación, e o Plan de Nova Jersey, que figuraba a cada Estado como un igual. Roger Sherman, de Connecticut, desempeñou un papel importante na construción deste compromiso.

Establecía que haberían dúas casas: unha a favor do Plan Virxinia, baseado na poboación dos Estados, e a outra a favor do Plan de Nova Jersey, no cal todos os estados votaban en igualdade.

Este foi un asunto importante no novo Estados Unidos. Os pequenos estados, con pouca poboación, querían que se oísen as súas voces no goberno de EE.UU. do mesmo xeito que a daqueles estados grandes e cunha ampla cantidade de poboación, talles como Virxinia ou Nova York. O Plan Virxinia quería ter unha maior representación debido a que unha gran porcentaxe da poboación de EE.UU. atopábase naquel Estado. Desta forma eles terían control sobre o que ocorrese nos Estados Unidos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]