Compostela y su ángel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Compostela y su ángel
Título orixinalCompostela
Autor/aGonzalo Torrente Ballester
CubertaMaría Droc
OrixeEspaña
Linguacastelán
ColecciónÁncora & Delfin
Xénero(s)Novela
EditorialAfrodisio Aguado
Data de pub.1948
Precedido porEl golpe de Estado de Guadalupe Limón (1946)
Seguido porEl señor llega (da triloxía Los gozos y las sombras, 1957).
editar datos en Wikidata ]

Compostela y su ángel é unha novela en lingua castelá de Gonzalo Torrente Ballester, publicada en 1948 pola editorial Afrodisio Aguado, con ilustracións da autora romanesa Maria Droc. Publicada orixinalmente co título de Compostela, recibiu o título completo trala edición de 1984.

Historia[editar | editar a fonte]

A obra naceu por encargo da editorial co gallo da celebración do Ano Xacobeo. O autor dá a súa visión sobre a vila de Santiago de Compostela, onde foi alumno e profesor da Universidade de Santiago de Compostela. Amais de falar dos aspectos históricos e arquitectónicos da cidade, dá unha perspectiva do mundo fantástico e misterioso das súas xentes.

No ano 2010 saíu do prelo unha edición facsímile publicada pola Fundación Gonzalo Torrente Ballester xunto co Consorcio de Santiago conmemorando o ano xacobeo e o centenario do nacemento do autor.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.