Compostela, México
Compostela é un municipio ao sur do Estado de Nayarit, no México. Limita coas municipalidades mexicanas de San Blas, Jalisco, Santa María del Oro, Baía de Banderas e co Porto Vallarta e San Pedro Lagunillas no estado de Jalisco e ao oeste co Océano Pacífico. A súa área comprende 1.848 km² , cunha poboación arredor dos 63.000 habitantes. A capital municipal é Compostela de Indias, a segunda vila en poboación é Rincón de Guayabitos. Atópase dentro das coordenadas xeográficas extremas entre os paralelos 21º22’ a 20º52’ de latitude norte, e os meridianos 104º49’ e 105º22’ de lonxitude oeste.
Asi mesmo, comunica coas cidades de Guadalaxara Jalisco e Tepic Nayarit a través da autoestrada e do ferrocarril, amais de estar ligada por unha estrada convencional coa vila de Porto Vallarta Jalisco.
Índice |
Etimoloxía do topónimo [editar]
O primeiro nome de Compostela identifícase co nome antigo na lingua náhuatl de Cactlān (cfr. náhuatl actual Cactli (zapato) e o sufixo de tlān (preto de-). O seu antigo nome provén do náhuatl que significa "lugar preto dos zapatos".
Cando os españois exploraron a rexión fundaron primeiro a Villa de Santiago de Galicia de Tepic e anos despois a Villa de Santiago de Galicia de Compostela de Indias (no val de Cactlān, fundada polo explorador español Cristóbal de Oñate o 25 de xullo de 1540 en memoria da cidade galega de Santiago de Compostela.
O segundo topónimo da municipalidade naiarita provén de Campus Stellae, isto é campo de estrelas, ou máis probabelmente de Composita Tella, terras ben axeitadas[1].
Historia [editar]
Esta cidade foi a primeira capital do antigo reino de Nova Galicia no vicerreinado da Nova España, tomando máis tarde o relevo a cidade de Guadalaxara.
Parroquias do concello [editar]
Notas [editar]
- ↑ Ningunha destas etimoloxías é correcta, sendo a primeira de orixe medieval e a segunda máis aproximada á realidade: composita (terra) + diminutivo -ela.