Complexo de Polícrates

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O complexo de Polícrates é un termo psicolóxico referido ó desexo de ser castigado[1].

Orixe[editar | editar a fonte]

O complexo recibe o nome de Polícrates, tirano de Samos, que, desoíndo os consellos da súa filla, foi visitar a Oretes baixo a promesa de axuda económica, pero foi asasinado.

Uso común[editar | editar a fonte]

O termo adoita ser usado polos criminólogos psicanalistas para explicar certos crimes. Entre os catro e os seis anos (a etapa fálica), un neno sofre o complexo de Edipo, consistente en querer matar ó pai e manter relacións incestuosas coa nai. Este desexo é causado polo sentimento inconsciente de culpa que provoca que o neno queira ser castigado para provocar a catarse. Así, o acto criminal neste contexto é considerado como un medio para acadar a meta do castigo.

Notas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.