Compás de amálgama

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En música, fálase de compás de amálgama, cando se suman dous ou máis compases diferentes.

Características[editar | editar a fonte]

Este recurso volveuse moi habitual na música académica contemporánea desde a soada Consagración da primavera de Igor Stravinskii, a cal é unha xigantesca amálgama de métricas, infrecuentes ata ese momento.

Na música popular as amálgamas son moito menos frecuentes, aínda que tamén hai coñecidos exemplos. Boas mostras son All you need is love ou Happiness is a warm gun de Os Beatles, ou Solsbury Hill de Peter Gabriel, onde se emprega a amálgama 4/4 3/4, nesta última en toda a canción. Outra posibilidade é poñer primeiro o compás de 3: 3/4 4/4, deste xeito xérase unha diferenza no lugar onde se apoian os tempos fortes.

Outro compás de amálgama moi común é o 2/4 3/4, ou 3/4 2/4, que se usa nalgunha música folclórica de Europa Oriental (tamén Peter Gabriel ten algunhas cancións nese compás de 5/4).

A suma de 3/4 e 4/4 dá un compás de 7/4, pero os musicólogos prefiren falar de compases de amálgama e non directamente de compás de 7/4, xa que ao músico executante fáiselle máis doado ter presente onde "caen" os tempos fortes (1-2-3-1-2-3-4, 1-2-3-1-2-3-4, cousa que non se pode dilucidar co mero nome de 7.