Comores

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Comores - جزر القمر")
Union das Comores (francés)
Udzima wa Komori (comoriano)
اتحاد القمر
Unión das Comores
Union des Comores (en francés)
Udzima wa Komori (en árabe)
Bandeira das Comores Escudo das Comores
Bandeira Escudo
Lema: Unité - Justice - Progrès

(Galego: «Unidade - Xustiza - Progreso»)

Himno nacional: Udzima wa xa Masiwa
 
LocationComoros.svg
 
Capital
 • Poboación
Moroni
40.000 (2002)
Cidade máis poboada Moroni
Linguas oficiais
Francés, comoriano, árabe
Forma de goberno República presidencial
Ahmed Abdallah Mohamed Sambi
Independencia
De Francia

6 de xullo de 1975

Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 180º
1.862 km²
Desprezable
0 km
340 km km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 157º
651.901 (2004)
300 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total (2005)
 • PIB per cápita
Posto 171º
US$ 1.114 millóns
US$ 1.717
IDH (2003) 0.547 (132º) – medio
Moeda Franco comoriano (KMF)
Xentilicio Comoriano, comoriana[1]
Fuso horario
 • en verán
UTC+3
UTC+3
Dominio de Internet .km
Prefixo telefónico +269
Prefixo radiofónico D6A-D6Z
Código ISO 174 / COM / KM
Membro de: ONU, UA
Tódolos países do mundo

Comores,[1] oficialmente Unión das Comores (en francés: Union des Comores; en comoriano: Udzima wa Komori; en árabe: جزر القمر, Ğuzur al-Qamar), ata 2002 República Federal Islámica das Comores (en francés: République fédérale islamique des Comores; en árabe: جمهورية القمر الإتحادية الإسلامية), é un país formado por tres illas no sueste de África, situado ao extremo norte da Canle de Mozambique no Océano Índico, entre o norte de Madagascar e o norte de Mozambique. O país consta de tres illas volcánicas: Gran Comora (Ngazidja), Mohéli (Mwali) e Anjouan (Nzwani), mentres que a veciña illa de Mayotte, reclamada polas Comores, segue pertencendo a Francia. O territorio comprende ademais outras pequenas illas.

O nome deriva da palabra árabe قمر (qamar), "lúa". O nome actual en árabe é precisamente "illas da lúa" (جزر القمر, ŷuzuru l-qamar), e na súa bandeira aparece a media lúa musulmá.

Historia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Historia de Comores-Mayotte.

A través dos séculos, as illas de Comores foron invadidas por unha sucesión de diversos grupos desde a costa de África, o golfo Pérsico, Indonesia e Madagascar. Os exploradores portugueses visitaron o arquipélago en 1505 e causaron a destrución da economía comercial das illas. Cando o sultán de Omán logrou expulsar os portugueses da rexión, quedaron baixo a influencia de Zanzíbar e o tráfico de escravos dos poboadores de orixe bantú aumentou considerablemente.

Durante o século XIX, logo da separación de Zanzíbar do sultanato de Omán, os europeos presionaron e Francia ocupou Mayotte en 1841 e posteriormente o resto do arquipélago entre 1886 e 1909. En 1912 as illas estiveron baixo a administración do gobernador xeral de Madagascar. Despois, colonizadores franceses, compañías de donos franceses e ricos mercantes árabes estableceron unha economía baseada en plantacións que agora abarcaban unha terceira parte do territorio do país para exportar os seus cultivos. En 1946 Francia concédelle autonomía administrativa co nome de Territorio de Ultramar das Illas Comores.

Un acordo foi rexeitado por Francia en 1973 para conceder a independencia en 1978. Con todo, o 6 de xullo de 1975, o parlamento comoriano emitiu unha resolución declarando a independencia. Os deputados de Mayotte, que permanecía baixo control francés, abstívose. En dous referendos, en decembro de 1974 e febreiro de 1976, a poboación de Mayotte votou contra a independencia de Francia (por 63.8% e 99.4% respectivamente).

En 1978, o presidente Alí Solilih é derrocado e asasinado e o país adopta unha nova constitución e adóptase o nome de República Federal Islámica das Comores baixo o mando de Ahmed Abdallah Abderramane; ao ano seguinte establécese o réxime de partido único. En 1983 e 1985 fracasan uns intentos de golpe de estado contra Abdallah, pero este é asasinado en 1989. En 1995 un grupo de mercenarios europeos encabezados por Bob Denard e apoiados por soldados comorianos derrocan o goberno e toman como refén o presidente Said Mohamed Yohar; pero forzas francesas especiais chegan desde Mayotte para reverter o golpe.

En 1997, as illas de Anjouan e Mohéli declaran a súa independencia de Comores, pero o goberno logra restablecer o control sobre os rebeldes.

Goberno e Política[editar | editar a fonte]

A situación do país foi moi volátil desde a súa independencia en 1975, con golpes de estado e insurreccións populares. O coronel Azali Assoumani tomou o poder nun sanguento golpe de estado en abril de 1999, derrocando o presidente interino Tadjiddine Ben Said Massounde que tomara o posto logo da misteriosa morte do presidente electo Mohamed Taki Abdoulkarim en novembro de 1998.

Logo dos acordos de paz asinados o 17 de febreiro de 2001 entre o Goberno e os separatistas elaborouse unha Constitución aprobada en referendo o 23 de decembro do mesmo ano, pasándose a denominar o país Unión de Comores, tendo as illas de Gran Comora, Anjouan e Mohéli ampla autonomía, cun Presidente propio e un texto constitucional tamén propio. A Presidencia da unión rota entre os candidatos das tres illas ao cabo de catro anos.

O presidente en exercicio é Ahmed Abdallah Mohamed Sambi desde 2006.

Organización político-administrativa[editar | editar a fonte]

Divídese nas tres illas principais:

Existen tamén catro municipalidades: Domoni, Fomboni, Moroni e Mutsamudu

Xeografía[editar | editar a fonte]

Mapa de Comores e Mayotte

Comores é un pequeno país de África e forma parte do arquipélago das Comores, formado de nordés a sueste pola illa Gran Comora (Ngazidja), Mohéli (Mwali), e Anjouan (Nzwani). Ao sueste, atópase a illa de Mayotte, que aínda pertence a Francia.

A capital é Moroni que se localiza en Gran Comora. As illas teñen orixe volcánica, cun relevo montañoso e abrupto que alcanza a súa cima no volcán activo Karthala de 2.361 m de altitude sobre o nivel de mar na illa principal.

O arquipélago constitúe a ecorrexión denominada selva das Comores.

O peixe celacanto, chamado gombesa polos locais, pode ser atopado nas augas próximas a estas illas.

Economía[editar | editar a fonte]

Comores é un dos países máis pobres de África. A súa economía está baseada no turismo, a axuda externa, a agricultura de subsistencia, ademais da pesca e a silvicultura, sector líder da economía do país.

Os niveis de desemprego son moi altos e a poboación baixo o nivel de pobreza alcanza o 60% do total. O 80% da poboación dedícase á agricultura que segue constituíndo boa parte das súas exportacións.

Posúe inadecuados sistemas e transportes, unha poboación moza e con rápido crecemento, e poucos recursos naturais. O baixo nivel educativo da forza de traballo contribúe a unha actividade económica de subsistencia, e unha forte dependencia en asistencia estranxeira.

O goberno intenta aumentar a formación educativa e técnica, a privatizar as entidades comerciais e industriais, a implementar servizos de saúde, a diversificar as exportacións, promover o turismo e reducir o alto crecemento poboacional.

Demografía[editar | editar a fonte]

A etnia comoriana que habita as illas principais (86% da poboación) é de orixe árabe e africana. O Islam é a relixión dominante, e as escolas coránicas para nenos reforzan a súa influencia. Aínda que a cultura árabe está firmemente establecida no arquipélago, unha minoría substancial dos cidadáns de Mayotte son católicos e teñen unha forte influencia da cultura francesa.

O idioma máis común é o comoriano (shikomor), dialecto do suahili. Tamén se fala francés, árabe e malgaxe. Cerca do 57% da poboación escribe co alfabeto latino, máis que co alfabeto árabe.

Cultura[editar | editar a fonte]

Festas
Data Nome en galego Nome local Notas
25 de maio Día de África
6 de xullo Día de Independencia
29 de novembro Aniversario da morte de Ahmed Abdallah Abderramane Recordo do asasinato do presidente en 1989

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Comores Modificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos[editar | editar a fonte]