Comminges

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Comminges (en occitano e gascón Comenge) é unha rexión xeográfica do sur de Francia, non delimitada de xeito oficial.

Escudo de armas de Comminges
Val con a localidade de Saint-Bertrand-de-Comminges

Situación[editar | editar a fonte]

Este antigo país da Francia meridional, sita na Alta Gascoña (Haute-Gascogne), está actualmente dividida entre os departamentos de Alta Garona, Ariège e de Gers. Polo sur Comminges linda con España.

Subdivisións principais[editar | editar a fonte]

O país pode dividirse en dúas zonas:

  1. Alto-Comminges (Haut-Comminges) ou Comminges gascón, que comprende a súa parte sur, entre Bigorre e Couserans. A súa capitalidade comarcal recae en Saint-Bertrand-de-Comminges. Outras localidades salientes son: Saint-Martory, Montespan, Muret, Lombez, Aurignac e Isle-en-Dodon ;
  2. Baixo-Comminges ou Comminges languedociano, tamén denominado Pequeno Comminges (Petit Comminges), sito no nordeste do país, entre o Alto-Comminges, Couserans, o Condado de Foix e máis o Haut-Languedoc. As cidades máis importantes nesta zona son: Saint-Béat e Valentine.

As pequenas comarcas[editar | editar a fonte]

Comminges esta subdivídida aínda en pequenas comarcas que xurden, principalmente, en torno ao alto val do río Garona e os dos seu tributario Pique: Larboust, Paíss de Luchon, Ballongue, Oueil, Bavartès, Layrines, Frontignès, País de Aspe, País de Rivière, País de Dodon.

O termo Nébouzan aplícase especificamente á rexión de Saint-Gaudens.

O asentamento galo-romano de Lugdunum Convenarum, preto de Saint-Bertrand-de-Comminges, foi a capital da Convenae, o antigo nome da rexión.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Artigos relacionados[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]