Comme des Garçons

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Comme des Garçons

Editar o valor em Wikidata
TipoEmpresa privada
Fundación1969
LocalizaciónToquio, Xapón
FundadorRei Kawakubo
Persoas claveRei Kawakubo, fundadora e deseñadora
Junya Watanabe, deseñador
Tao Kurihara, deseñador
Fumito Ganryu, deseñador
Adrian Joffe
Industriamoda
ProdutosRoupa, complementos, e perfume
Beneficio neto180 millóns dólares EUA (2007)
Número de empregados600 (est) 2011
Na rede
https://www.comme-des-garcons.com/ e http://www.comme-des-garcons-parfum.com/
editar datos en Wikidata ]

Comme des Garçons (en xaponés コム・デ・ギャルソン (Komu de Gyaruson)) é unha casa de modas xaponesa dirixida actualmente por Rei Kawakubo e o seu marido Adrian Joffe.

Historia[editar | editar a fonte]

A empresa foi creada en Toquio en 1969 pola deseñadora xaponesa Rei Kawakubo. No ano 1975 abriu a súa primeira tenda e en 1978 creou a súa primeira liña de roupa masculina. O éxito de Comme des Garçons nesta época foi imparable en practicamente toda Asia, e en 1980 abriu a primeira tenda de Comme des Garçons en Europa, na cidade de París, unha das grandes capitais da moda. A partir de entón a marca xaponesa converteuse nunha das casas de moda de alta costura máis relevantes do panorama internacional.

A constante dende a fundación de Comme des Garçons foi romper coas convencións acerca dos canons de xénero, beleza ou alta costura dentro da industria da moda.

Ó final da década dos 80, Comme des Garçons xa facturaba máis de 100 millóns de dólares e contaba con máis de 300 puntos de venda. Na actualidade conta con doce liñas de produtos e unha nutrida gama de perfumes.