Comité de Arbitraxe Badinter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Comisión de Arbitraxe da Conferencia sobre Iugoslavia (coñecida comunmente como Comité de Arbitraxe Badinter) foi unha comisión establecida polo Consello de Ministros da Comunidade Económica Europea o 27 de agosto de 1991 para proporcionar asesoramento xurídico á Conferencia sobre Iugoslavia.

A CEE designou a Roberto Badinter como presidente desta Comisión de cinco membros de Tribunais Constitucionais da Comunidade Económica Europea (antecesora da UE).

Esta Comisión de arbitraxe emitiu quince opinións sobre as preguntas legais importantes presentadas como conscuencia da desintegración da República Federal Socialista de Iugoslavia.[1]

Membros da Comisión[editar | editar a fonte]

Opinións[editar | editar a fonte]

Entre finais de 1991 e mediados de 1993, a Comisión de Arbitraxe emitiui quince opinións relativas a cuestións xurídicas derivadas da fragmentación de Iugoslavia.[2] As dez primeiras foron as seguintes:

1. Disolución da RFSI

O 20 de novembro de 1991 Lord Carrington preguntou se tras separarse algunhas Repúblicas de Iugoslavia, esta, como afirmaban Serbia e Montenegro, seguía existindo, ou se estes feitos supuxeran a disoluión de Iugoslavia. A Comisión respondeu o 29 de novembro de 1991 que "a República Federativa Socialista de Iugoslavia está en proceso de disolución".[1]

2. Autodeterminación

O 20 de novembro de 1991 Lord Carrington preguntou "se a poboación serbia en Croacia e Bosnia e Hercegovina, como un dos pobos constituíntes de Iugoslavia, ten este dereito (de autodeterminación?)". O 11 de xaneiro de 1992, a Comisión concluíu que "a poboación serbia de Bosnia e Hercegovina e Croacia ten dereito a todos os que corresponden a un grupo minoritario e a un grupo étnico [...]" e "que as repúblicas deben permitir aos membros das minorías e grupos étnicos todos os dereitos humanos fundamentais, incluíndo, no seu caso, o dereito a elixir a súa nacionalidade ".[1]

3. Fronteiras

O 20 de novembro de 1991 Lord Carrington preguntou: "poden considerarse as fronteiras internas entre Croacia e Serbia e entre Bosnia e Hercegovina e Serbia como fronteiras en termos de dereito público internacional?" En aplicación do principio de uti possidetis, a Comisión concluíu o 11 de xaneiro de 1992 que "os límites entre Croacia e Serbia, entre Bosnia-Hercegovina e Serbia e posibelmente doutros Estados independentes adxacentes, non poden seren modificados excepto por acordo libre entre eles".[2]

4. Bosnia-Hercegovina

Pediuse á Comisión a súa opinión sobre se se debería recoñecer a independencia de Bosnia e Hercegovina. La Comisión decidiu que de momento, non porque, a diferenza doutras repúblicas que buscan independencia, en Bosni-Hercegovina aínda non se celebrou un referendo sobre a independencia.[3]

5. Croacia

Neste ditame, a Comisión examinou a solicitude de Croacia para o recoñecimento da súa independencia. A Comisión ditaminou que a independencia de Croacia non debe aínda ser recoñecida, porque a nova Constitución croata non incorpora a protección das minorías requirida pola Comunidade Europea. En resposta a esta decisión, o Presidente de Croacia escribiu a Robert Badinter dando garantías de que este déficit sería emendado, a fin de que a Comunidade Europea poida recoñecer a Croacia.[3]

6. Macedonia

Neste ditame, a Comisión recomendou que a Comunidade Europea acepte a solicitude de Macedonia do Norte para o seu recoñecmiento, sostenndo que a República dera as garantías necesarias para o respecto dos dereitos humanos e a paz e seguridade internacionais. Porén, a CE foi inicialmente remisa a aceptar as recomendacións desta opinión debido á oposición grega. [4]

7. Eslovenia

Neste ditame, a Comisión recomendou que a Comunidade Europea recoñecera a Eslovenia. Nesta decisión, a Comisión rexeitou as obxeccións serbia e montenegrina á súa competencia para responder a tres peticións que recibira de Lord Carrington, o que deu lugar aos comentarios 8, 9 e 10.

8. Finalización do proceso de disolución da RSFI

Nesta decisión, a Comisión decidiuó que o proceso xurídico de disolución da RFSI xa concluíra e que, por tanto, Iugoslavia xa non existe.

9. Solución dos problemas de sucesión

Nesta decisión, a Comisión examinou como deben resolverse os problemas de sucesión resultantes da cesaciónde do Estado da RFSI. Ditaminou que debían resolverse por mutuo acordo entre os varios Estados sucesores, cunha división equitativa dos activos e das obrigas internacionais da ex Iugoslavia. Tamén decidiu que os membros da ex RFSI non podían continuar nas organizacións internacionais, senó que cada Estado tería que solicitar novamente a adhesión.

10. República Federal de Iugoslavia - Serbia e Montenegro

Nsta decisión, a Comisión ditaminou que a República Federativa de Iugoslavia (Serbia e Montenegro) non pode considerarse legalmente unha continuación da antiga Iugoslavia, senóne como un novo Estado. Así, a Comunidade Europea non debería recoñecer automaticamente a RFI, á que se aplicarían os mesmos criterios que os tidos en conta para o recoñecemento dos demais Estados da ex Iugoslavia.

Textos[editar | editar a fonte]

O texto dos dez primeiros ditames da Comisión Badinter foron publicados no European Journal of International Law. As opinións 1 a 3 reprodúcense en 3 EJIL 1 (1992) páxs. 182 e seguintes (dispoñíbel en liña), e as opinións 4 a 10 en 4 EJIL 1 (1993) páxs. 74 e seguintes (dispoñíbel en liña).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Allain Pellet (1992). "The Opinions of the Badinter Arbitration Committee: A Second Breath for the Self-Determination of Peoples" (PDF). European Journal of International Law 3 (1): 178–185. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de maio de 2011. Consultado o 02 de xaneiro de 2012. 
  2. 2,0 2,1 Peter Radan (2000). "Post-Secession International Borders: A Critical Analysis of the Opinions of the Badinter Arbitration Commission". Melbourne University Law Review 24 (1): 50–76. 
  3. 3,0 3,1 Roland Rich (1993). "Recognition of States: The Collapse of Yugoslavia and the Soviet Union" (PDF). Europea Journal of International Law 4 (1): 36–65. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de abril de 2012. Consultado o 2 de xaneiro de 2011. 
  4. Greece' s Macedonian Adventure: The Controversy over FYROM’s Independence and Recognition. Evangelos Kofos, Macmillan Press Ltd (UK, USA 1999), edited by James Pettifer

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Allcock, John B. (2000): Explaining Yugoslavia. Nova York: Columbia University Press.
  • Ramet, Sabrina (2006): The Three Yugoslavias: State-building and Legitimation, 1918–2003. Bloomington, In: Indiana University Press

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]