Comisión falleira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As comisión falleiras (en valenciano: comissiò fallera) é unha asociación que ten por obxectivo a construción dun monumento falleiro. Adoita estar composta pola veciñanza das rúas que compoñen dita demarcación, mais non exclusivamente, xa que hai tamén xente de fóra do País Valenciano.

O nome da comisión normalmente coincide coa encrucillada de rúas na que se atopa, por exemplo a falla Exposició - Micel Mascó atópase nas rúas de l'Exposició e de Micer Mascó. Teñen tamén un emblema que adoita reproducir feitos característicos do imaxinario valenciano, a senyera valenciana, o rat-penat, a barraca ou o lume e o loureiro. Algunhas comisións contan tamén con himno propio.

Organización e actividades[editar | editar a fonte]

Os membros dunha comisión denomínanse falleiros e falleiras. Cada ano logo da Cremà, disolvese a comisión creándose unha nova, noméanse novos cargos e planifícanse as actividades e festexos que se realizarán durante o resto do ano, así como a organización dos actos da semana fallera.

Como representantes de cada comisión adoitase nomear un presidente e a unha falleira da comisión, a cal se nomearase Fallera Major. Nela realízanse distintas actividades organizadas pola propia comisión tales coma merendas, cenas, así como tamén é o centro de reunión social do barrio durante o resto do ano.

O Casal Faller é o lugar onde os compoñentes das comisións falleiras se xuntan. Cada Falla dispón do seu propio local. O casal, convíreste durante os días que dura a festa, do 15 ao 19 de marzo, e os fins de semana previos, no epicentro da festa.

Os falleiros pagan unha cota mensual, e así poden gozar do local e das actividades que se realicen dentro deste e polo xeral conta cunha cociña para dar de cear aos falleiros, que pode ser xestionada por algún membro da falla ou por todos de forma colectiva, os despachos e algunha sala onde se gardan os aveños precisos para a celebración da festa. Ademais moitas veces durante o ano celébranse outras festas coma San Xoán, Halloween, Entroido, o Nadal ou Día de Reis.

As comisións adoitan contribuír, se non organizar, o alumeamento artístico durante o Nadal alumean as rúas durante as festas falleiras.

Críticas[editar | editar a fonte]

Moitos veciños que teñen preto un Casal Faller quéixanse de que as comisións fan moito ruído durante o ano e que se deberían limitar a facer festa só durante a semana falleira. Iso motivou que numerosos veciños de casais falleiros denunciaran estes pedindo, a fin de todo, o seu peche.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Noticia da Plataforma Estatal contra o Ruído". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 16 de decembro de 2008. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]