Comarca dos Valles Pasiegos
| Comarca dos Valles Pasiegos | |
| Capital | Villacarriedo |
| País | |
| Comunidade autónoma | |
| Provincia | |
| Concellos | 13 |
| Poboación (2005) | 23.257 hab. |
| Área | 599 km² |
| Densidade | 38,82 hab/km² |
A comarca dos Valles Pasiegos ou la Pasieguería é unha comarca histórica de Cantabria (España). Por esta comarca transcorren os ríos Pas e Miera. Limita ao norte coa comarca de Santander, ao leste coa do Asón-Agüera, ao oeste coa do Besaya, e ao sur esténdese por Espinosa de los Monteros na provincia de Burgos.
A comarca, tamén coñecida como Pas-Miera ou Pas-Pisueña-Miera, engloba os cursos altos dos ríos Pas e Miera, e está formada polos vales de Toranzo, Carriedo, Cayón e Pas. Cun carácter eminentemente rural, a súa poboación bascula cara a Torrelavega, Santander ou Laredo en busca de servizos. Destaca do lugar o val pasiego polas súas históricas características intrínsecas.
A pesar de que xa existe unha lei de comarcalización de Cantabria, esta aínda non foi desenvolvida polo tanto a comarca non ten entidade real.[1]
Índice |
Concellos [editar]
- Castañeda
- Corvera de Toranzo
- Luena
- Puente Viesgo
- San Pedro del Romeral
- San Roque de Riomiera
- Santa María de Cayón
- Santiurde de Toranzo
- Saro
- Selaya
- Vega de Pas
- Villacarriedo
- Villafufre
Demografía [editar]
| Concellos máis poboados da comarca | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Posición | Concello | Poboación | |||||
| 1º | Santa María de Cayón | 7.377 | |||||
| 2º | Puente Viesgo | 2.522 | |||||
| 3º | Corvera de Toranzo | 2.199 | |||||
A poboación total da comarca alcanza a cifra de 23.257 habitantes, segundo datos do INE do ano 2006. Segundo os datos do mesmo ano, os seus tres núcleos máis poboados, de maio a menor, son: Santa María de Cayón (7.377), Puente Viesgo (2.522) e Corvera de Toranzo (2.199). E os seus tres núcleos menos poboados, de menor a maior, son: San Roque de Riomiera (461), Saro (510) e San Pedro del Romeral (561).
Galería [editar]
-
Vista de Pomaluengo (Castañeda).
-
Colexiata de Santa Cruz de Castañeda, fachada occidental.
-
Colexiata de Santa Cruz de Castañeda, fachada oriental.
-
Colexiata de Santa Cruz de Castañeda, a portada.
-
Val de Santa María de Cayón.
-
Vista de La Penilla con Santander ao fondo.
-
Vista de Villacarriedo.
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Vallespasiegos.org (en castelán)
- Vallespasiegos.com (en castelán)
|
|||||||