Comarca do Eo-Navia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Situación da comarca en Asturias

A Comarca do Eo-Navia é unha das oito comarcas funcionais ou áreas de planificación territorial en que está dividido o Principado de Asturias a efectos de homoxeneización espacial dos datos procedentes dos concellos nas estatísticas rexionais. A súa capital é Navia.

Aínda que o Estatuto de Autonomía de Asturias prevé a división do territorio asturiano en comarcas, estas aínda non foron desenvolvidas oficialmente.

Todos os seus concellos excepto Valdés forman parte da coñecida como Terra Eo-Navia, na que se fala galego eonaviego.

[editar] Concellos

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas