Columbofilia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pomba mensaxeira

A columbofilia é a cría e adestramento de pombas para convertelas en pombas mensaxeiras, capaces de volver ao seu pombal desde puntos distantes e que derivou na época moderna nun deporte que xa non ten como finalidade levar mensaxes e si percorrer un traxecto no menor tempo posible medido mediante reloxos especiais. Como deporte o país que conta con máis licenzas é China (300.000 licenzas 2005) seguida de Alemaña (58.000), Bélxica (43.000), Polonia (43.000), Reino Unido (37.800), Países Baixos (29.800) e existe unha Olimpíada Columbófila.

O primeiro concurso columbófilo que se coñece data do 15 de xuño de 1820, nesa época é tamén cando os diferentes exércitos establecen a aplicación militar da columbofilia, coñecida como columbofilia militar que tivo o seu auxe durante a primeira guerra mundial. En España o primeiro pombal militar data de 1879 e actualmente os pombais militares están integrados no Servizo Columbófilo Militar (SCM), que é ademais o encargado de regular a posesión e utilización de pombas mensaxeiras en España, o número de licenzas en España en 1999 era de 4.200 con 320.000 pombas e o SCM posuía 5 pombais con 600 pombas. En Galicia existe a Federación Columbófila Galega adscrita á Real Federación Columbófila Española que ten o maior número de integrantes nas Canarias debido á influencia inglesa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]