Columbano Bordalo Pinheiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaColumbano Bordalo Pinheiro

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(pt) Columbano Augusto Prostes Bordalo Pinheiro Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de novembro de 1857 Editar o valor em Wikidata
Lisboa, Portugal Editar o valor em Wikidata
Morte6 de novembro de 1929 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Lisboa, Portugal Editar o valor em Wikidata
Director de museo
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePortugal
Reino de Portugal Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor , vexilógrafo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Lisboa Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoRetrato Editar o valor em Wikidata
MovementoPintura do realismo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
PaiManuel Maria Bordalo Pinheiro (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsRafael Bordalo Pinheiro e Maria Augusta de Prostes Bordalo Pinheiro (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Bordalo_Pinheiro-1 Find a Grave: 238877850 Editar o valor em Wikidata
Borges Carneiro, por Columbano

Columbano Bordalo Pinheiro (Lisboa, 21 de novembro de 1857Lisboa, 6 de novembro de 1929). Pintor naturalista e realista portugués.

Fillo do pintor e escultor Manuel Maria Bordalo Pinheiro, iniciou a súa formación na Academia de Belas-Artes de Lisboa, onde foi alumno de Simões de Almeida, un afamado escultor do romanticismo portugués.

Anos despois de completar a súa formación, mudouse a París, beneficiando dunha bolsa de estudo, custeada polo rei consorte D. Fernando II, xa viúvo da raíña D. Maria II. En París, recibiu a influencia de pintores como Manet e Edgar Degas, sendo esta notable na súa obra.

Na "cidade da luz", expuxo por primeira vez en 1882, no famoso "Salon de Paris". Nesta exposición presentou ao público, o cadro Soirée chez Lui, sendo este aclamado pola difícil crítica de artes parisiense.

De volta a Portugal, xuntouse ao "Grupo de Leão", o cal tentaba renovar a estética das composicións da arte do país. Deste período destacan os retratos de Ramalho Ortigão, Teófilo Braga, Eça de Queirós e Antero de Quental, pintados por el. Alén disto, pintou os paneis que se atopaban na sala de recepcións do Palácio de São Bento, os Painéis dos Passos Perdidos.

En 1901, converteuse en profesor de pintura histórica na Academia de Belas-Artes de Lisboa, onde se formara na súa xuventude e, en 1914, foi nomeado polo novo réxime republicano, recentemente instaurado, para director do acabado de crear Museo Nacional de Arte Contemporánea (1911), sucedendo a Carlos Reis.