Columbán de Luxeuil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Imaxe de San Columbano nas vidreiras do mosteiro de Bobbio.

San Columbán, nado en Navan (Irlanda) en 543 e finado en Bobbio (Italia) o 23 de novembro de 615, foi un misioneiro irlandés destacado pola súa actividade misioneira e evanxelizadora durante a Alta Idade Media. Tamén é coñecido por fundar numerosos mosteiros en Europa, entre os que destacan os mosteiros de Luxeuil (Francia) e Bobbio (Italia), aproximadamente no ano 590.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi fundador de mosteiros en Francia, Suíza e Italia, levando a cabo un intenso labor misioneiro no que el chamou por vez primeira «toda Europa» (totius Europae).

Difundiu entre os francos a regra monacal céltica, que enfatizaba a confesión privada e confidencial, seguida da penitencia privada para os arrepentidos dos seus pecados. Naquela época estes ritos eran públicos.

Afincado nos reinos francos, tivo serias diferenzas coa Igrexa e nobreza francas, debendo abandonar o reino en 612. Trasladouse a Suíza e logo a Lombardía, onde morrería no mosteiro de Bobbio fundado por el.

O Vaticano aprobou oficialmente a San Columbano como o santo patrón dos motociclistas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Columbán de Luxeuil