Colonia - Köln
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Suxeriuse que "Historia urbana de Colonia" sexa fusionado con este artigo ou apartado (conversa). |
Colonia é a cuarta cidade máis grande de Alemaña despois de Berlín, Hamburgo e Múnic, e é a maior cidade no Estado Federal de Renania do Norte-Westfalia. Posúe 995.420 habitantes (2008). É unha das máis antigas cidades de Alemaña, sendo fundada polos romanos no ano 30 AC. Colonia recibiu o estatus de "cidade" romana no ano 50 DC.
Colonia está bañada polo Rhin. Na súa coñecida catedral, de estilo neogótico, (Kölner Dom) ten a súa sede o Arcebispado de Colonia. A Universidade de Colonia (Universität zu Köln) é unha das máis antigas de Europa e é internacionalmente recoñecida polo seu departamento de económicas. Tamén é importante para a cidade a cervexa Kölsch.