Colexio Público Gregorio Sanz
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O colexio público Gregorio Sanz é un centro de educación primaria de Ribadeo. Debe o seu nome ó mestre e pedagogo Gregorio Sanz.
Nel o alumnado pode cursar dende educación preescolar ata o 6º curso de primaria. Na actualidade (2005) ronda os 400 alumnos e alumnas e 20 profesores e profesoras, despois dunha diminución suave pero persistende debido á baixa natalidade.
A construción ten un edificio principal con aulas, un edificio adxacente administrativo, un ximnasio e unha pista cuberta, así como abundante extensión de terreo circundante e outros servizos menores, como parque infantil e un comedor na planta baixa.
Está situado en fronte do IES Porta da Auga e do campo de fútbol.