Colexiata de Santa María de Sar
A Colexiata de Santa María de Sar é un templo románico e casa de coéngos anexa fundado como mosteiro da regra de Santo Agostiño a carón do río Sar, no concello de Santiago de Compostela.
Índice |
[editar] Historia
Foi fundado por Munio Afonso, bispo dimisionario de Mondoñedo e antigo colaborador de Xelmírez. Ao morrer este no ano 1136 Diego Xelmírez continuou a obra comezada.
A función do cenobio era a de servir de lugar no que os vellos coéngos poideran retirarse, e para iso concedíanselle xenerosos privilexios e doazóns que fixeron que a institución funcionase ata o século XVII comezando a partir de entón un lento proceso de declive, para transformarse en templo parroquial no ano 1867.
A súa construción foi lenta e complexa e precisou de importantes modificacións e reconstrucións nos séculos XVI, XVIII e XX.
A construción comezou pola cabeceira, ao mesmo tempo que se traballaba tamén nos muros perimetrais.
[editar] Descrición
O trazo máis sobranceiro deste edificio e o que o fai singular entre todos os de Galicia é a fortuíta e pronunciada inclinación dos seus muros e piares.
Paralelo ao muro sur do templo consérvase parte dun dos lados do claustro medieval, destacado exemplo do románico compostelán de tempos do arcebispo Xoán Arias.
Na igrexa e no claustro consérvase unha importante coleción de sarcófagos, sendo o máis antigo o do Arcebiso Bernardo que, retirado en Sar, morreu no ano 1240.
Na actualidade no seu interior atópase o Museo de Arte Sacra de Santa María a Real de Sar con pezas que amosan a vida desta comunidade monástica ao longo dos séculos.
[editar] Galería de imaxes
- Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da Colexiata do Sar
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||