Coitelo de peixe
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O coitelo de peixe forma parte da cubertería básica dunha mesa occidental, denomínase coitelo mais debido á súa ausencia de fío e á súa forma, en realidade é unha especie de paleta (por esta razón denomínase ás veces tamén paleta de peixe). Emprégase xeralmente durante a comida para axudar ao comensal a separar as espiñas e diferentes partes do peixe (en ningún caso emprégase para curtar).
Colocación na mesa [editar]
Na mesa atoparase sempre colocado á dereita do prato (xunto cos outros coitelos), se houbese cullers neste caso poríase na parte interior do grupo da dereita, ficando as culleres no exterior (regra: de fóra para dentro).