Coiba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coiba
Localización da illa no océano Pacífico
Situación
País Panamá
ProvinciaVeraguas
MarOcéano Pacífico
Coordenadas7°28′N 81°47′O / 7.467, -81.783Coordenadas: 7°28′N 81°47′O / 7.467, -81.783
Xeografía
XeoloxíaIlla volcánica
Superficie503´14 km²
Longura máxima40 km.
Largura máxima19 km.
Punto máis alto416 m.

A illa Coiba é o centro do Parque Nacional Coiba que é un parque situado nos distritos de Montijo e Soná na provincia de Veraguas a 25 minutos de voo desde a Cidade de Panamá. A súa superficie: 270.125 ha, das que 216.543 son mariñas.

O Parque Nacional Coiba foi declarado como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no ano 2005.

A illa de Coiba conta con 493 km² sendo a máis grande da xeografía panameña.

Historia[editar | editar a fonte]

Creado por Decreto Executivo no ano 1991, o Parque Nacional Coiba constitúe pola súa extensión e pola riqueza das súas illas e das augas mariñas que as rodean unha das xoias naturais de Panamá. Protexe ecosistemas mariños, insulares e costeiros.

A maior destas illas de orixe volcánica é Coiba, que con 50.314 ha é a illa máis grande do Pacífico Centroamericano. Xunto a ela as illas Jicarón (2.002 ha), Jicarita (125 ha, punto máis austral da República de Panamá), Canal de Afuera (240 ha), Afuerita (27 ha), Pájaros (45 ha), Uva (257 ha), Brincanco (330 ha), Coibita (242 ha)... e outras moitas máis forman as 53.582 ha de territorios insulares.

No seu conxunto as illas do parque posúen máis de 240 km de costas que na súa maioría consérvanse no seu estado natural. Paradoxalmente a conservación deste arquipélago débese basicamente a que desde 1919 ata 2004 illa Coiba foi utilizada como unha colonia penal polo goberno panameño. Durante as ditaduras de Omar Torrijos e Manuel Noriega (1968-1989), a temida prisión foi transformada nunha especie de campo de concentración para prisioneiros políticos e opositores ao réxime. Crese que máis de 200 persoas foron asasinadas e torturadas na illa. O caso máis famoso é o asasinato e desaparición do líder izquierdista Floyd Britton. O penal foi demolido en 2004, quince anos logo da invasión do exército dos Estados Unidos para derrocar o réxime de Noriega.

A illa de Coiba presenta varias especies endémicas, máis do 80% da Illa está cuberta por vexetación orixinal, posúe mangleiros e cativais de significativa magnitude, nas súas praias chegan a desovar polo menos 3 especies de tartarugas mariñas, ten os arrecifes coralinos mellor conservados do Pacífico panameño e un innegable valor paisaxístico provisto para o turismo, o manexo sostible destes recursos naturais é necesario para evitar a súa degradación.

Logo dun movemento ambientalista que involucrou a moitas persoas e distintas agrupacións, lógrase o status legal para esta área, mediante a lei Nº.44 do 26 de xullo de 2004 que crea o Parque Nacional Coiba, a cal regula o funcionamento desta área protexida, onde se establece entre outras cousas a esta zona como Patrimonio Nacional e parte do Sistema Nacional de Áreas Protexidas da Autoridade Nacional do Ambiente, así como o marco legal que rexe o funcionamento deste Parque.

Debido ás características únicas que presenta, como consecuencia de tantos anos de illamento e pola súa importancia biolóxica, o Comité Patrimonio Mundial da Unesco, aceptou a proposta feita pola Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN) en outorgar a Coiba a categoría de Sitio de Patrimonio Mundial da Humanidade, en Durban, Suráfrica o 14 de xullo de 2005, sendo isto ratificado por Panamá o 17 de xullo do mesmo ano.

Parque Nacional Coiba e a súa zona de protección especial mariña
Illa Granito de Oro, Parque Nacional Coiba
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
País Panamá
Localización7°28′N 81°47′O / 7.467, -81.783
TipoNatural
CriteriosIX, X
Inscrición2005 (29ª sesión)
Rexión da UNESCOLatino América e o Caribe
Identificador1138

Actualmente esta área ten un papel vital en canto á súa posición dentro do Corredor Mariño de Conservación do Pacífico Leste Tropical (CMAR) que enlaza cinco parques nacionais, comprendendo illa do Coco en Costa Rica, illa Coiba en Panamá, Malpelo e Gorgona en Colombia e Galápagos en Ecuador. Conformando así un gran corredor de 211 millóns de hectáreas incluíndo a cinco parques nacionais e mesturando zonas económicas exclusivas de catro países.

Ademais esta área protexida é importante para as comunidades situadas na súa zona de influencia costeira continental ou zona de amortiguamento, onde xurdiron iniciativas apoiadas por proxectos financiados por Conservación Internacional, Fundación Avina e Fundación Walton manexados por ANCON, onde se potencian ideas de emprendedores locais que deu como resultado a formación dunha rede de microempresas de turismo sostible chamada ARTURIS COIBA (Asociación Rural de Turismo Sostible da Zona de Amortecemento do Parque Nacional Coiba) por medio da que xestionan distintos proxectos para a área e dan a coñecer os seus servizos.

A necesidade de patrullaxe constante de toda a zona insular e mariña do parque, propiciaron a instalación dunha sede da Autoridade Aeronaval de Panamá que entre outras cousas ofrece apoio loxístico e de vixilancia aos guardaparques.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Na illa Coiba as chairass costeiras con elevacións inferiores aos cen metros predominan no norte e sueste da illa, mentres que no resto os outeiros de pouca elevación que apenas superan os 200 msnm constitúen a paisaxe dominante. Unicamente no sector central hai unha cadea de outeiros onde se atopan os puntos máis altos: o "cerro de la Torre" con 416 msnm e o cerro de San Juan con 406 msnm.

En Coiba existen numerosos ríos como o Negro, con 40 km de lonxitude e oito afluentes, o San Juan, con 18´5 km de extensión e o Santa Clara, con 17 km de lonxitude.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]