Coheed and Cambria
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Coheed and Cambria | |
|---|---|
| Información | |
| Orixe | Nyack, Nova York, |
| Período | 1995 - actualidade |
| Xénero(s) | rock progresivo, rock alternativo, new prog, post-hardcore |
| Selo(s) discográfico(s) | Hundred Handed/Everything Evil, B-Unique, Columbia, Equal Vision, Roadrunner, Sony |
| Membros | Claudio Sanchez Travis Stever Josh Eppard Zach Cooper |
| Antigos membros | Nate Kelley Jon Carleo Mic Todd Chris Pennie |
| Web oficial | coheedandcambria.com |
Coheed and Cambria é unha banda estadounidense de rock alternativo formada en 1995 en Nyack, Nova York. A música do grupo incorpora aspectos do rock progresivo, punk rock, metal e post-hardcore.
Todos os álbums de Coheed and Cambria son conceptuais e contan unha historia de ciencia-ficción chamada The Amory Wars, escrita polo vocalista Claudio Sanchez, e que foi transcrita nunha serie de cómics e unha novela. A banda ten publicados seis álbums de estudio e tres álbums ao vivo.
Índice |
Discografía [editar]
Álbums de estudio [editar]
- The Second Stage Turbine Blade - 2002 (Equal Vision, Defiance)
- In Keeping Secrets of Silent Earth: 3 - 2003 (Columbia, Equal Vision)
- Good Apollo, I'm Burning Star IV, Volume One: From Fear Through the Eyes of Madness - 2005 (Columbia Records)
- Good Apollo, I'm Burning Star IV, Volume Two: No World for Tomorrow - 2007 (Columbia Records)
- Year of the Black Rainbow - 2010 (Columbia Records)
- The Afterman: Ascension - 2012 (Hundred Handed/Everything Evil)
- The Afterman: Descension - 2013 (Hundred Handed/Everything Evil)
EPs [editar]
- Plan to Take Over the World - 1999 (Wisteria Records)
- The Penelope EP - 1999 (Wisteria Records)
- Delirium Trigger - 2000 (Wisteria Records)
- Neverender 12% - 2009 (Columbia Records)