Coencima B

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coencima B.
Nome IUPAC: ácido 2-[(7-mercapto-1-oxoheptil)amino]-3-fosfonooxibutanoico.

O coencima B é un coencima necesario para certas reaccións redox en bacterias metanóxenas. O nome químico completo da forma activa deste coencima é 7-mercaptoheptanoiltreoninafosfato.[1] A molécula contén un grupo tiol, que é o principal sitio de reacción.

O coencima B reacciona co 2-metiltioetanosulfonato (metil-Coencima M, abreviado CH3–S–CoM), orixinando metano na metanoxénese típica destas bacterias:[2]

CH3–S–CoM + HS–CoB → CH4 + CoB–S–S–CoM

Esta conversión está catalizada polo encima metil coencima M redutase, que contén o cofactor F430 como grupo prostético.

Unha conversión relacionada que utiliza tanto HS-CoB coma HS-CoM é a redución do fumarato a succinato, catalizada pola fumarato redutase destas bacterias:[3]

CH3–S–CoM + HS–CoB O2CCH=CHCO2-O2CCH2–CH2CO2- + CoB–S–S–CoM

Notas[editar | editar a fonte]