Coelogyne

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Xénero Coelogyne
Coelogyne cristata
Coelogyne cristata
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Liliopsida
Orde: Asparagales
Familia: Orchidaceae
Subfamilia: Epidendroideae
Tribo: Dendrobieae
Subtribo: Coelogyninae
Xénero: Coelogyne Lindl. 1821

Coelogyne Lindl.1821. É un xénero cunhas 200 especies de orquídeas epífitas da subtribo Coelogyninae da familia Orchidaceae. Estas orquídeas con formas de volantes distribúense amplamente polo Sur da Asia e as illas do Pacífico Occidental.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O seu nome "Coelogyne" (Coel.) do Grego "kolios"= "fendedura" e "gyne" = "femia" referíndose á profunda cavidade estigmática característica deste xénero.

Sinónimos :

  • Bolborchis
  • Chelonanthera Bl. 1825
  • Gomphostylis Wall ex Lindley 1836 [1837]
  • Hologyne Pfitz. 1907
  • Ptychogyne Pfitz. 1907

Hábitat[editar | editar a fonte]

Estas especies son epífitas ou litófitas. Distribúense amplamente polo sur de Asia, desde a India e Sri Lanka até o arquipélago de Malaisia, Papúa Nova Guinea e as Filipinas.

Descrición[editar | editar a fonte]

Poden ter pseudobulbos ao longo do rizoma, xuntos ou espazados cunha ou dúas follas apicais, que saen do ápice do pseudobulbo ou do de nova formación, e inflorescencias de flores espectaculares e delicadas de gran variedade de cor.

Especies de Coelogyne[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  • Leroy-Terquem, Gerald e Jean Parisot. Orchids: Care and Cultivation. Londres: Cassel Publishers Ltd., 1991.
  • Schoser, Gustav. Orchid Growing Basics. Nova York: Sterling Publishing Co., Inc., 1993.
  • White, Judy. Taylor’s Guide to Orchids. Frances Tenenbaum, Editor da serie. Nova York: Houghton-Mifflin, 1996.
  • Alec Pridgeon. The Illustrated Encyclopedia of Orchids. Timber Press.
  • Bechtel, Cribb e Launert. The Manual Of Cultivated Orchid Species.The MIT Press.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]