Gastronomía de Portugal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Cociña portuguesa»)
O bacallau, introducido na dieta dos portugueses dende o século XIV, era adecuado ás necesidades da época por ser un produto de fácil conservación.

A gastronomía de Portugal mostra influencias mediterráneas (incluíndose na denominada dieta mediterránea) e atlánticas, destacando polo alto consumo de peixe.

Características[editar | editar a fonte]

Un dos pratos principais dos portugueses é o bacallau, para o cal existen centos de receitas, como o Bacalhau à minhota ou os bolinhos de bacalhau. Xunto co bacallau, os dous pratos de peixe máis populares son as sardiñas asadas e a caldeirada. En canto á carne, os pratos típicos da cociña portuguesa inclúen carne de gando vacún, porco, cordeiro, ou polo, destacando entre os pratos de carne a feijoada, cozido à portuguesa, frango de churrasco, e a carne de porco à alentejana.

Entre os pratos de comida rápida son característicos a francesinha do Porto, e as bifanas (porco grelado), prego (carne de vaca grelada) ou o leitão (sándwichs de leitón). Entre os pratos máis típicos da pastelería portuguesa, destacan os pastéis de Belém (ou pastéis de nata) orixinarios de Lisboa, e os ovos-moles de Aveiro. A gastronomía portuguesa é moi variada, existindo pratos típicos de cada unha das rexións. Entre os portugueses existe un culto pola boa comida, existindo, ao longo do país milleiros de restaurantes e tascas.

Os viños portugueses teñen soa mundial, sendo coñecidos xa dende o tempo dos romanos, quen asociaban o seu deus Baco. Hoxe en día, os viños portugueses son ben coñecidos internacionalmente, tendo recibido diversos recoñecementos pola súa calidade. Algúns dos mellores viños portugueses son: Vinho Verde, Vinho Alvarinho, Vinho do Douro, Vinho do Alentejo, Vinho do Dão e o Vinho da Bairrada e os doces viño do Porto, viño de Madeira e mailo Moscatel de Setúbal e Favaios. O viño do Porto é o viño portugués máis coñecido no estranxeiro, a súa rexión vitivinícola, e unha das máis antigas do mundo.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre gastronomía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.