Coalición Democrática Unitaria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Coalición Democrática Unitaria (en portugués: Coligação Democrática Unitária, CDU) é unha coalición de partidos de esquerda de Portugal, formada polo Partido Comunista Portugués (PCP) , Partido Ecoloxista "Os Verdes" (PEV) e Intervención Democrática (ID).

A CDU concorreu a tódalas eleccións lexislativas dende 1987, obtendo os seguintes resultados:

1987: 15,49% (31 deputados de 250)

1991: 8,80% (17 deputados de 230)

1995: 8,57% (15 deputados de 230)

1999: 8,99% (17 deputados de 230)

2002: 6,94% (12 deputados de 230)

2005: 7,54% (14 deputados de 230)

2009: 7,88% (15 deputados de 230)


A CDU posúe tamén influencia a nível do poder local, liderando a maioría das autarquías nos distritos de Bexa e Setúbal, mais tendo presidencias de cámara noutros distritos, como Évora, Portalegre, Lisboa, Santarén e Leiria.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]