Coímbra - Coimbra
Coordenadas: 40°15′00″N 08°27′00″W / 40.25000°N 8.45000°W
| Coímbra - Coimbra | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | Portugal |
| Rexión: | Centro |
| Subrexión: | Baixo Mondego |
| Distrito: | Coimbra |
| Xeografía | |
| Altitude: | msnm |
| Superficie: | 316,83 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 148.443 hab. (2006) |
| Densidade de poboación: | 7.233 hab/km² |
| Xentilicio: | |
| Información | |
| Código postal: | 3000 Coimbra |
| Alcalde: | Carlos Encarnação |
| Sitio na web: | www.cm-coimbra.pt |
Coímbra (en portugués Coimbra) é unha cidade portuguesa, capital do Distrito de Coimbra, situada na rexión Centro e subrexión do Baixo Mondego, con preto de 106 800 habitantes. A pouco máis de 200 km de Lisboa e a 100 km do Porto, está bañada polo río Mondego. Foi capital nacional da cultura en 2003.
É sede dun municipio con 316,83 km² de área e 148 474 habitantes (2001), subdividido en 31 freguesías. O municipio é limitado a norte polo municipio de Mealhada, a leste por Penacova, Vila Nova de Poiares e Miranda do Corvo, a sur por Condeixa-a-Nova, a oeste por Montemor-o-Velho e a noroeste por Cantanhede.
Índice |
Historia[editar]
Cidade de rúas estreitas, patios, escadiñas e arcos medievais, Coimbra foi berce de seis reis de Portugal e da Dinastía de Borgoña, así como da primeira Universidade portuguesa, unha das máis antigas da Europa.
Os romanos chamaron á cidade, que se erguía no outeiro sobre o río Mondego, Aeminium. Máis tarde, co aumento da súa importancia pasou a ser sede de Diocese, substituíndo a cidade romana de Conímbriga, de onde derivou o seu novo nome. Durante o dominio mouro, Coimbra tórnase nun importante posto comercial entre o norte cristián e o sur árabe, cunha forte comunidade mozárabe. En 1064 a cidade é definitivamente reconquistada por Fernando Magno de León.
Coimbra renace e tórnase a cidade máis importante por baixo do río Douro, capital dun vasto condado gobernado polo mozárabe Sesnando. Co Condado Portucalense, o conde D. Henrique e a raíña D. Teresa fan dela a súa residencia, e foi alí onde nace o primeiro rei de Portugal, D. Afonso Henriques, que fai dela a capital do condado, substituíndo Guimarães (ademais esta mudanza da capital para os campos do Mondego virase a revelar vital para facer viábel a independencia do novo país, a todos os niveis: económico, político e social). Capitalidade que Coimbra conservará ata 1255, cando a capital pasa a ser Lisboa.
No século XII, Coimbra presentaba xa unha estrutura urbana, dividida entre a cidade alta, designada por Alta ou Almedina, onde vivían os aristócratas, os cregos e, máis tarde, os estudantes, e a Baixa, do comercio, do artesanado e dos barrios ribeiráns.
Desde mediados do século XVI, a historia da cidade pasa a xirar en torno á historia da Universidade de Coimbra, sendo no século XIX cando a cidade se comeza a se expandir alén do seu casco amurallado, que chega mesmo a desaparecer coa reformas levadas a cabo polo Marqués de Pombal.
A primeira metade do século XIX trae tempos difíciles para Coimbra, coa ocupación da cidade polas tropas de Junot e Masséna, durante a invasión francesa e, posteriormente, a extinción das ordes relixiosas. Sen embargo, na segunda metade do século XIX, a cidade viría a recuperar o esplendor perdido – en 1856 xorde o primeiro telégrafo eléctrico na cidade e a iluminación a gas, en 1864 é inaugurado o ferrocarril e 11 anos despois nace a ponte férrea sobre as augas do río Mondego.
Monumentos[editar]
- Sé Velha de Coimbra.
- Sé Nova de Coimbra.
- Mosteiro de Santa Cruz.
- Mosteiro de Santa Clara-a-Velha.
- Universidade e Torre.
- Portugal dos Pequenitos.
- Igrexa de Santa Cruz.
Porta e Torre de Almedina[editar]
Como o propio nome indica, era a porta da Medina, entrada principal da cidade (Coimbra) intramuros.
Sita na parte máis baixa da muralla constituía o aceso de maior importancia militar e civil e o que tiña maior movemento. Foi, orixinariamente, unha porta entre dous cubos avanzados que, máis tarde, foron ligados por medio dun arco fundo e levantado o forte torreón. A Torre é probabelmente unha das torres máis defensivas de maior imponencia no perímetro da muralla, debido á vulnerabilidade do lugar.
Xardíns[editar]
Choupal,Parque da Cidade,Jardin de Santa Cruz,Jardin Botanico,Penedo da Saudade.
Freguesías do Concello[editar]
As freguesías de Coimbra son as seguintes:
- Almalaguês.
- Almedina (Coimbra).
- Ameal.
- Antanhol.
- Antuzede (Coimbra).
- Arzila.
- Assafarge (Coimbra).
- Botão.
- Brasfemes.
- Castelo Viegas (Coimbra).
- Ceira (Coimbra).
- Cernache.
- Eiras (Coimbra).
- Lamarosa.
- Ribeira de Frades.
- Santa Clara.
- Santa Cruz.
- Santo António dos Olivais (Coimbra).
- São Bartolomeu (Coimbra).
- São João do Campo.
- São Martinho de Árvore.
- São Martinho do Bispo (Coimbra).
- São Paulo de Frades (Coimbra).
- São Silvestre.
- Sé Nova (Coimbra).
- Souselas.
- Taveiro.
- Torre de Vilela.
- Torres do Mondego (Coimbra).
- Trouxemil.
- Vil de Matos.