Cluny (Saône-et-Loire)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista da localidade desde a torre da abadía

A vila e comuna de Cluny ou Clugny está situada no actual departamento francés de Saône-et-Loire na rexión de Borgoña (Bourgogne), na zona centro-oriental de Francia, a uns 30 km da cidade de Mâcon. A súa poboación era de 4.400 habs. en 2003.

A localidade medrou arredor da Abadía benedictina situada no lugar, fundada por Guillerme I de Aquitania no ano 909. O mosteiro converteuse na maior e máis prestixiosa institución monástica de Europa. O cénit da influencia da orde de Cluny tivo lugar entre a segunda metade do século X até inicios do século XII.

A biblioteca de Cluny foi unha das máis importantes en Francia e Europa durante a Idade Media. A abadía foi sometida a saqueo polos Hugonotes en 1562 e moitos dos seus valiosos manuscritos foron destruídos ou desapareceron.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas