Club Voley Miranda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O CV Miranda nun partido.

O Club Voley Miranda é un equipo de voleibol da localidade de Miranda de Ebro, Burgos (España). Fundado en 1979 é o equipo máis antigo da provincia e organizador do Torneo Virgen de Altamira, o máis antigo do voleibol español.[1] Actualmente compite na Segunda División Autonómica de Castela e León.

Historia[editar | editar a fonte]

O Club Voley Miranda foi fundado en 1979. En 1983 inscribiuse na Real Federación Española de Voleibol, que daquela contaba con 12 equipos dende a categoría de benxamíns ata a sénior. O equipo feminino conseolidouse no verán do 2006 trala consecución dunha praza na Liga FEV, segunda categoría do voleibol feminino no estado español naquel momento. No 2007 creouse a Superliga 2 e o club burgalés integrouse nela grazas á terceira posición conseguida no Grupo A da Liga FEV o ano anterior.[1]

O 11 de xaneiro do 2009 o Promociones Díez Rical Miranda proclamouse campión da segunda edición da Copa de la Princesa en Monforte de Lemos ante o equipo anfitrión, o Ribiera Sacra. Ao final da tempada 2008-09 o equipo disputou o play-off de ascenso á Superliga ante o C.V. Playa de Finestrat, caendo derrotado en semifinais (PDR Miranda 2-3 Finestrat; Finestrat 0-3 PDR Miranda; Finestrat 3-2 PDR Miranda).

Na tempada 2009-10, o equipo adestrado polo ucraíno Volodymyr Prokopovych conseguiu o ascenso á Superliga tras finalizar como subcampión da Superliga 2, estableciendo ao mesmo tempo un récord na categoría de prata ao conseguir 16 vitorias consecutivas ao inicio da Liga. Na Copa da Princesa, o PDR Miranda foi subcampión tralo Nuchar Tramek Murillo. Logo dunha Asemblea de Socios o 30 de xuño do 2010, o club anunciou que ao non conseguir reunir os apoios económicos necesarios (tanto públicos como privados) víase obrigado a renunciar ao equipo de elite, pasando a xogar na tempada 2010-11 na Segunda División Autonómica de Castela e León. Nesa tempada, co troco de patrocinador, pasou a chamarse Autobuses Herrera CV Miranda.

Eventos organizados[editar | editar a fonte]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Información oficial do club". Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2014. Consultado o 28 de setembro de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]