Club Voleibol Córdoba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Cajasur no 2005.

O Club Voleibol Córdoba é un equipo de voleibol da cidade de Córdoba (España) fundado en setembro de 1997. Na tempada 2003-04 conseguiu o ascenso á máxima categoría do voleibol feminino español, a Superliga feminina. Compite patrocinado por Cajasur. Tras dúas tempadas na máxima categoría, o equipo descendeu á segunda categoría, a Superliga 2, en marzo do 2006, xunto a outro representante andaluz, o Universidad de Granada.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]