Club Natació Atlètic-Barceloneta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Club Natació Atlètic-Barceloneta é un club de natación e wáter-polo da cidade de Barcelona, Cataluña.


Historia[editar | editar a fonte]

O Club Natació Atlètic Barceloneta naceu da fusión do Club Natació Atlètic (fundado no ano 1913) e o Barceloneta Amateur Club (fundado no ano 1929).

O seu obxectivo foi a promoción da natación e do wáter-polo e sobre todo a divulgación da práctica deportiva. O club é unha organización democrática, onde tódolos socios son electores e elixíbeis, participando así na xestión do equipo e da entidade.


O Club Natació Atlètic-Barceloneta está afiliado á Federació Catalana de Natació, e actualmente participa na Liga Española de Wáter-polo, sendo o vixente campión.


Palmarés[editar | editar a fonte]

  • 7 Ligas (1969-70, 1972-73, 1973-74, 2000-01, 2002-03, 2005-06, 2006-07)
  • 6 Copas do Rei (1999-00, 2000-01, 2003-04, 2005-06, 2006-07, 2007-08)
  • 2 Copas Catalunya (2006-07, 2007-08)

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]