Club Marino de Luanco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Marino
Nome Club Marino de Luanco
Alcume(s) Luanquinos;
Marino
Fundación 1931
Estadio Municipal de Miramar,
Luanco, España
Inauguración 1952
Capacidade 3.500
Presidente España Luis Gallego González
Adestrador España José Luis Quirós
Liga 2ªB – Grupo 1
2012–13 11º
Páxina web Páxina web oficial
Na casa
Fóra

O Club Marino de Luanco é un club de fútbol español de Luanco (Asturias). Foi fundado en 1931 e actualmente xoga na Segunda División B Española, categoría á que ascendeu en 2011 desde a Terceira División.

Historia[editar | editar a fonte]

A historia do Club Marino, dá comezo na primavera do ano 1931, coa creación dun equipo de fútbol, por un grupo de mozos afeccionados luanquinos, con maioría de pescadores, que disputaban os seus encontros, fronte a outros equipos da localidade, na Praia da Ribera.

O día 6 de setiembre de 1953, coa inauguración do novo campo de fútbol, Estadio Municipal de Miramar, dá pé ao comezo dunha nova fase do Club, é dicir, será o despegamento do Club Marino a nivel rexional. Coa chegada de Luis Gallego á presidencia, o equipo consolídase como un dos equipos referencia de Asturias, sendo ata durante algunhas tempadas o segundo equipo da rexión por diante do Real Oviedo.

O Marino chegou por primeira vez a Segunda B na tempada 1996/97 no que baixou de novo. Despois na tempada 2000/01, o recentemente ascendido Marino cultivaría a súa mellor clasificación, o 5º posto.

Na tempada 2010/11 o Marino fixo unha magnifica tempada en Terceira División, deixándose tan só 11 puntos en toda a liga, dos cales só perdeu un en casa ente o Club Deportivo Llanes. Días despois, o 28 de maio de 2011 consigió por primeira vez un ascensdo en casa gañando 3-0 en Miramar ante o Costa Cálida CF.

Uniforme[editar | editar a fonte]

O uniforme non sufriu alteracións destacadas ao longo da historia nin tampouco o seu segundo equipamento.

  • Primeiro uniforme: Camiseta, pantalón e medias azul mariño.
  • Segundo uniforme: Camiseta vermella e pantalón branco ou vermello e medias vermellas.

A súa firma deportiva é a asturiana Joluvi, mentres que o seu patrocinador é Excavaciones Posada. Tamén foi patrocinado anos importantes polo Goberno do Principado de Asturias.

Estadio[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Estadio Municipal de Miramar.

O club disputa os seus partidos como local no Estadio Municipal de Miramar, un campo con capacidade para 3.500 espectadores, 1.200 sentados. O terreo de xogo é de herba natural, coidada con moito esmero. Inaugurouse en 1952 e é propiedade do Concello de Gozón. Tras a visita do Deportivo da Coruña en Copa do Rei, reformouse o sistema luminoso contando con focos capacitados para retransmitir pola televisión.

En 2007 inaugurouse a nova instalación deportiva "Balbín", situada nos arredores do pobo; a escaso metros de Miramar, que funciona como campo de adestramento, aparte de ser compartido co Gozón Club de Fútbol e o Podes Club de Fútbol.

Datos do club[editar | editar a fonte]

  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en 2ªB: 9 (Incluída a 2011/12)
  • Tempadas en : 25
  • Maior goleada conseguida: Marino 7 - Langreo 0 (1991-92)
  • Mellor posto na liga: 5º (Segunda división B española tempada 01-02)

Palmarés[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]