Club Marina Ferrol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Club Marina Ferrol
Tipoclub deportivo
Deportenatación e wáter-polo
Data de fundación1978
SedeFerrol
PaísGalicia
Na rede
https://www.clubmarinaferrol.org/index.php
Facebook: cmarinaferrol Twitter: cmarinaferrol Instagram: cmarinaferrol Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

O Club Marina Ferrol é un club deportivo galego con base na cidade de Ferrol no que se practica a natación e o wáter-polo. [1]

Historia[editar | editar a fonte]

O Club naceu co obxectivo de agrupar nel aos nadadores ferroláns, despois de construír a Armada a súa instalación climatizada cuberta no pavillón polideportivo de Batallones no ano 1977, que até aquel entón non contaba con cuberta. Creouse en 1978 por iniciativa do doutor José Rioseco López,[2] capitán médico nesa etapa, e mais pola Asociación de Padres y Amigos de Nadadores de Ferrol. Na sección de natación o Club Marina Ferrol organízase cada ano dende 1980 o trofeo Ciudad de Ferrol, en memoria de Juan Varela, compoñente da entidade, e cabo 1º da Armada. Dende 1999 o Memorial figura con data fixa no calendario da Liga Europea de Natación.[3]

A sección de wáter-polo que formouse no ano 1997. Ten a súa sede na piscina da Mariña de Ferrol, de aí o seu nome. O seu adestrador é Andrei Navhalikine e o presidente é Carlos Bremón Pérez.[4]

Logros deportivos (C.N.M.F. Waterpolo)[editar | editar a fonte]

Tempada 2003/04[editar | editar a fonte]

  • Liga absoluta: 4º posto.
  • Liga xuvenil: 1º posto.
  • Copa absoluta: Semifinalista.
  • Copa xuvenil: 1º posto.
  • Campionato cadete de inverno: Campión
  • Campionato cadete de verán: Campión

Tempada 2004/05[editar | editar a fonte]

  • Liga absoluta: 3º posto.
  • Liga xuvenil: 1º posto.
  • Copa absoluta: Finalista
  • Copa xuvenil: 2 º posto.
  • Campionato cadete de inverno: Subcampión
  • Campionato cadete de verán: Campión.
  • Campionato infantil de inverno: Campión
  • Campionato infantil de verán: Campión.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]