Club Esportiu Mediterrani

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Club Esportiu Mediterrani é unha asociación deportiva da cidade de Barcelona, especialmente destacada na natación e o wáter-polo.

Historia[editar | editar a fonte]

O Club Esportiu Mediterrani fundouse o 3 de xullo de 1931 por un grupo de amantes do wáter-polo que habitualmente frecuentaban a praia da Barceloneta e a piscina La Deliciosa, do mesmo barrio. No ano 1943, unha profunda crise levou á escisión dunha parte dos xogadores do club provocando a fundación do Club Natació Montjuïc.

Entre o numerosos éxitos deportivos na historia do equipo destaca o terceiro posto do equipo feminino de wáter-polo na Copa LEN no 2002.

Xogadores destacados[editar | editar a fonte]

  • Jordi Sans
  • Daniel Ballart
  • Ricardo Sánchez
  • Núria Castelló
  • Rubén Michavila
  • Eduard Lorente
  • Jorge Pérez
  • Milan Cipov
  • Peter Nizny
  • Mariona Ribera
  • Anna Pardo
  • Belén Sánchez
  • Elisabet Fuentes
  • Ana Ramírez

Presidentes[editar | editar a fonte]

  • Martí Planas i Ferrer (1931-1934)
  • Jaume Rius i Rovira (1934-1936)
  • Martí Planas i Ferrer (1936-1939)
  • Josep Company i Torras (1939-1939)
  • Ismael García i Romeu (1939-1940)
  • Walter Max i Roestel (1940-1942)
  • Andreu Carbonell i Silles (1942-1943)
  • Cristòfol Torres i Garcés (1943-1953)
  • Joan Forcadell i Prats (1953-1958)
  • Josep Vaqué i Soriano (1958-1961)
  • Joaquim Miquel i Rovira (1961-1965)
  • Bonaventura Castellvell i Nabonne (1965-1971)
  • Antoni Massagué i Rodríguez (1971-1984)
  • Josep Vallès i Saura (1984-1991)
  • Josep Lluís Pérez i Pitarch (1991-1995)
  • Paulino Martín i Sediles (1995-2004)
  • Maurici Costa i Ventura (2004-hoxe)

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]