Club Esportiu Manacor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
CE Manacor
Nome Club Esportiu Manacor
Alcume(s) Rojiblancos
Fundación 1923
Estadio Na Capellera,
Manacor, Baleares, España España
Capacidade 1.500
Presidente España Juan Vicenç Acuñas
Adestrador España Paco Acuñas
Liga 3ª − Grupo 11
2013−14 10º
Na casa
Fóra

O Club Esportiu Manacor é un club de fútbol español da cidade de Manacor, na illa de Mallorca, Illas Baleares. Foi fundado en 1923 e actualmente xoga na Terceira División Española.

Historia[editar | editar a fonte]

O 23 de xuño de 1923 foi inscrito o FC Manacor como equipo de fútbol e un ano despois incorporábase á Federación Catalana de Futbol. Durante a decada dos anos vinte tivo actuacións moi destacadas no campionato insular.

Ao longo dos anos corenta o CD Manacor converteuse nun dos mellores conxuntos das Illas, gañou o campionato rexional do ano 1945 (contra o Alaior), o de 1946 (contra o Ciutadella) e o de 1949 (tendo como rival o Menorca). Na tempada 1949-50 debutou en Terceira división e na tempada 1957-58 gañou a Copa Uruguai, dada polo cónsul deste país á Federación Balear de Fútbol.

Ata o 1970 o Manacor estivo vinte e unha tempadas consecutivas en Terceira División, salvo o campionato 1955-56, que xogou en Primeira Rexional Preferente. O éxito desta época foi compartido co Atlético Baleares nos diversos campionatos de liga. Os setenta foron anos de crise deportiva para o club enlos que tivo unicamente dúas participacións en Terceira División (1973-74 e 1978-79) con tan mala fortuna que o equipo non puido evitar os descensos consecuentes. Os anos oitenta foron unha epoca mellor para o club durante a cal conseguiu militar en Terceira División e lograr o seu primeiro ascenso a Segunda B. Nos anos noventa o club logrou dous novos ascensos a Segunda B aínda que en ningunha das ocasións logrou evitar o descenso.

O último ascenso a Segunda B foi na tempada 2010-11. Na tempada seguinte volveu a Terceira División.

Uniforme[editar | editar a fonte]

  • Uniforme titular: Camiseta branquivermella a franxas verticais, pantalón azul e medias branquivermellas.
  • Uniforme alternativo: Camiseta branca, pantalón branco e medias brancas.

Estadio[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Estadio Na Capellera.

O seu estadio actual é o Estadio Na Capellera, propiedade do concello de Manacor e que dispón dunha capacidade para uns 3.000 espectadores.

Datos do club[editar | editar a fonte]

Xogadores destacados[editar | editar a fonte]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]