Alianza Lima

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Club Alianza Lima»)
Alianza Lima
NomeClub Alianza Lima
Fundación15 de febreiro de 1901
EstadioAlejandro Villanueva
Lima, Perú
Inauguración27 de decembro de 1974
Capacidade35.000
Presidente Guillermo Alarcón
Adestrador Guillermo Salas
LigaPrimeira División do Perú
2022
Na rede
http://www.clubalianzalima.com/
IMDB: nm11416984 Facebook: ClubAlianzaLima Twitter: ClubAlianzaLima Instagram: alianzalima Youtube: UCiOzKO4dGz2bdXTc7rpOdNg Editar o valor em Wikidata
Titular
Alternativo

O Club Alianza Lima é un club deportivo peruano da cidade de Lima.[1][2][3] Fundouse o 15 de febreiro de 1901 e compite na Primeira División do Perú.

Os fundadores adoptaron ese nome en honra á cuadra Alianza, propiedade do presidente da República, Augusto B. Leguía, que utilizaron para celebrar os seus primeiros xogos.[4][5][6] Está considerado un dos máis grandes do fútbol peruano.[7][8][9] A día de hoxe conta con vinte e catro ligas nacionais e unha supercopa do Perú. A súa mellor actuación internacional foi en 1976 cando foi campión da Copa Simón Bolívar.[10][11] As cores do club son o azul e o branco. Debido á ascendencia italiana de Eduardo Pedreschi, membro fundador, decidiuse que a primeira roupa tivese cores da bandeira italiana.[12][13][14] Así, os primeiros uniformes eran verdes con branco. Posteriormente, incluíronse no uniforme as cores da corte das bestas, que eran o azul, o branco e o negro, que se levaban na camisa, pantalón e calcetín respectivamente. Anos despois fíxose o uniforme azul e branco en forma de raias, que se utiliza ata hoxe.[15]

Historia[editar | editar a fonte]

Os equipos máis potentes da época seguían sendo os ricos, ademais de ser os que con máis actividade futbolística continuaban. A creación de Alianza Lima (inicialmente Sport Alianza) foi a antítese desta idea, porque se fundou nun ambiente puramente popular, sen influencia algunha dos altos niveis da sociedade limeña. A imaxe do Alianza como equipo popular aumentou cada vez máis, atraendo cedo a moitos afeccionados de baixas condicións, que viron nas vitorias do equipo aliancista, o seu propio triunfo ante a adversidade, un triunfo que sería impensable noutros aspectos da vida cotiá.e a oportunidade de reverter toda orde socioeconómica ou política para poder competir sen desigualdades.

Fundación[editar | editar a fonte]

O Club Sport Alianza, como se chamaba inicialmente o club, foi fundado o 15 de febreiro de 1901, por un grupo de rapaces que tivo a idea de formar un club de fútbol para defender a comunidade fronte aos equipos doutros barrios. Adoptaron ese nome en homenaxe á cuadra Alianza, propiedade do expresidente da República, Augusto B. Leguía.[16]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Torneos nacionais[editar | editar a fonte]

  • Liga do Peru (25): 1918, 1919, 1927, 1928, 1931, 1932, 1933, 1948, 1952, 1954, 1955, 1962, 1963, 1965, 1975, 1977, 1978, 1997, 2001, 2003, 2004, 2006, 2017, 2021, 2022

Torneos internacionais[editar | editar a fonte]

  • Copa Simón Bolívar (1): 1976

Xogadores[editar | editar a fonte]

Cadro actual[editar | editar a fonte]

  • Datos do 10 de novembro de 2022.
Posto País Xogador
1 POR Ángelo Campos
2 DEF Santiago García
3 DEF Yordy Vílchez
4 DEF Jefferson Portales
5 DEF Christian Ramos
6 MED Uruguai Pablo Míguez
7 MED Uruguai Pablo Lavandeira
8 MED Miguel Cornejo
9 DIA Hernán Barcos
10 MED Jairo Concha
12 POR Jonathan Medina
13 DEF Ricardo Lagos
14 MED Cristian Benavente
16 DEF Fabio Rojas
Posto País Xogador
17 MED Jairo Concha
18 DIA Óscar Pinto
19 DIA Paraguai Paolo Hurtado
20 MED Aldair Fuente
21 MED Josepmir Ballón
22 DIA Aldair Rodríguez
25 DEF Oslimg Mora
26 MED Carlos Montoya
27 MED Oswaldo Valenzuuela
29 DIA Darlin Leiton
30 DEF Gino Peruzzi

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Club Alianza Lima". clubalianzalima.com.pe. Consultado o 2022-10-04. 
  2. "ALIANZA LIMA 1901-1935: LOS PRIMEROS AÑOS DE UNA PASIÓN CENTENARIA. Aldo Panfichi" (PDF). Consultado o 9 de xaneiro de 2023. 
  3. "Club Alianza Lima". DePeru.com (en castelán). Consultado o 2022-10-04. 
  4. "La difusión del futbol en Lima - el fútbol en Lima". web.archive.org. 2004-09-05. Archived from the original on 05 de setembro de 2004. Consultado o 2022-03-25. 
  5. "Los 116 años de Alianza Lima: el equipo del barrio que se mudó al corazón del pueblo". Depor (en castelán). 2017-02-15. Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2022. Consultado o 2022-10-04. 
  6. "Rincón de historia peruana - SPORT ALIANZA, HOY CLUB ALIANZA LIMA". es-la.facebook.com (en castelán). Consultado o 2022-10-04. 
  7. "Vito de Palma resaltó a Alianza Lima como “el más grande de Perú” en partido de Champions League". infobae (en castelán). 8 de decembro de 2021. Consultado o 2022-03-25. 
  8. "¿Cuáles son los equipos peruanos con mayor hinchada?". Bolavip Perú (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 09 de abril de 2022. Consultado o 2022-10-04. 
  9. "Estos son los equipos de fútbol más representativos de Perú". El Diario del Cusco (en castelán). 2021-05-12. Consultado o 2022-10-04. 
  10. "Copa Simón Bolívar". Historial Blanquiazul (en castelán). Consultado o 2022-04-11. 
  11. "Copa Simón Bolívar 1976". Los Aliados Cono Svr (en castelán). 2021-04-30. Arquivado dende o orixinal o 09 de agosto de 2022. Consultado o 2022-10-04. 
  12. "LA FUNDACIÓN (1901-1911)". El Blog Íntimo. Consultado o 2022-04-11. 
  13. "Alianza Lima: historia, ídolos y cómo se convirtió en club favorito de La Victoria". infobae (en castelán). Consultado o 2022-04-11. 
  14. "ALIANZA LIMA 1901-1935" (PDF). 
  15. "Aliancista de Verdad". web.archive.org. 2008-02-10. Archived from the original on 10 de febreiro de 2008. Consultado o 2022-04-11. 
  16. "Aniversario Alianza Lima ¿Cómo nació el club? Así contó la historia de los blanquiazules su joven fundador". El Comercio Perú (en castelán). 2022-02-16. Consultado o 2022-10-03. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]