Clordiacepóxido
O clordiacepóxido é unha droga hipnótica derivada das benzodiacepinas. Posúe propiedades de sedación, ansiolise e relaxación muscular.
Índice |
[editar] Historia
O clordiacepóxido foi a primeira benzodiacepina en ser sintetizada e disposta para a súa comercialización. Foi descuberta accidentalmente por Leo Sternbach a mediados dos 50, e comercializada por Roche Pharmaceuticals en 1960. Ten unha vida media de eliminación moderada a larga.
Sternbach desenvolvería máis tarde o diacepam, vendido por Roche dende 1963. Logo outras compañías desenvolverían moitas outras variedades desta droga.
A medida que as prescricións de benzodiacepinas foron en rápido ascenso a finais dos 60 e nos anos 70, o problema da dependencia a estas drogas comezou a xurdir. Porén, o clordiacepóxido é aínda un tratamento eficaz para os pacientes que sofren de cadros de ansiedade aguda. Aínda se produce e prescribe hoxe en día, xunto cunha ampla variedade de benzodiacepinas, todas con características similares.
[editar] Mecanismo de acción
Crese que o clordiacepóxido actúa sobre os receptores GABA tipo A, producindo un efecto inhibitorio similar á doutras benzodiacepinas.
O clordiacepóxido bloquea o aumento de actividade eléctrica cerebral provinte da estimulación da formación reticular no tronco do encéfalo.
En estudos animais comprobouse unha acción sobre o sistema límbico do cerebro, o cal ten que ver cos efectos emocionais da droga. Estes efectos son fundamentalmente a diminución do medo e da agresividade.
[editar] Indicacións
O clordiacepóxido indícase para o tratamento de:
- Insomnio.
- Ansiedade.
- Trastorno de pánico.
- Síndrome de abstinencia alcohólica.
- Síndrome de abstinencia de opiáceos.
- Colite ulcerosa.
- Enfermidade de Chron.
[editar] Posoloxía
O clordiacepóxido está dispoñible en presentacións de 5 mg, 10 mg e 25 mg.
[editar] Efectos adversos
Os efectos adversos comúns do clordiacepóxido inclúen:
- Somnolencia.
- Depresión.
- Trastornos na función motora:
- Trastornos na coordinación.
- Trastornos do equilibrio.
- Vertixe.
- Nerviosismo.
- Amnesia anterógrada (especialmente con altas doses).
[editar] Contraindicacións
O uso do clordiacepóxido debe evitarse en persoas coas seguintes condicións:
- Miastenia gravis
- Intoxicación aguda por:
- Alcohol
- Narcóticos
- Outras substancias psicoactivas.
- Ataxia
- Hipoventilación severa.
- Glaucoma de ángulo estreito.
- Deficiencia hepática severa:
- Apnea do sono severa.
- Alerxia a hipersensibilidade a calquera droga da clase das benzodiacepinas.
[editar] Sobredose
Un individuo que consumiu demasiado clordiacepóxido pode presentar un ou máis dos seguintes síntomas:
- Somnolencia (dificultade para manterse desperto)
- Confusión mental.
- Hipotensión arterial.
- Hipoventilación
- Trastornos na función muscular:
- Trastorno nos reflexos.
- Trastorno na coordinación.
- Trastornos do equilibrio.
- Mareos
- Debilidade muscular.
- Coma.
En modelos animais, a dose letal DL50 oral é de 537 mg/kg.
A sobredose de clordiacepóxido é considerada unha emerxencia médica e require, polo xeral, a asistencia inmediata de persoal médico. O antídoto para unha sobredose de clordiacepóxido (como con calquera outra benzodiacepina) é o flumacenil.
[editar] Consideracións legais
Internacionalmente, o clordiacepóxido é unha droga en lista IV segundo o Convenio sobre sustancias psicotrópicas[1].
[editar] Notas
|
|||||
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa química é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa química que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |