Clint Conley

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Clint Conley
Clint conley.jpg
Nome completo
Alias
Naceu
Orixe Boston, Massachusetts Flag of the United States.svg
Morreu
Ocupación (s)
Xénero
Instrumento(s) baixo, voz, guitarra
Tipo de voz
Selo(s) discográfico (s)
Relacionado con Mission of Burma, Consonant
Tempo en activo
Web

Clint J. Conley é un músico de rock estadounidense procedente de Boston, Massachusetts. É coñecido principalmente por ser o co-fundador da banda de post-punk Mission of Burma. Toca o baixo, ocasionalmente a guitarra, e compuxo e canda algunhas das cancións máis coñecidas do grupo, como "That's When I Reach For My Revolver" e "Academy Fight Song".

Mission of Burma estivo activa dende 1979 ata 1983 tendo un éxito moi limitado, pero co paso dos anos a súa reputación medrou ata ser considerada unha das bandas máis influentes do post-punk estadounidense. Cando o grupo se separou, Conley retirouse da música durante unha década, tempo durante o cal fixo un máster en xornalismo televisivo e traballou de produtor nunha televisión de Boston. Porén, no ano 1986 produciu o álbum de estrea de Yo La Tengo, Ride the Tiger.

No ano 2001 Conley formou un novo grupo, Consonant, tocando principalmente a guitarra. A banda editou dous álbums, e o feito de tocar nese novo grupo fixo que se fixese máis atractiva a idea de regresar coa súa vella banda.

En 2002 Conley reuníuse con Roger Miller e Peter Prescott, con Bob Weston de Shellac substituíndo ao membro orixinal Martin Swope. Mission of Burma comezou novamente a xirar e a gravar e dende entón editaron tres álbums.