Cleopatra (cráter)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cleopatra
Imaxe de radar do cráter Cleopatra.
Tipo de accidente xeolóxico Cráter
Accidente xeolóxico de Venus
Diámetro 105 km[1]
Profundidade 2,5 km[2]
Coordenadas 65,8° N 7,1° E[1](coord. centrais)
Procedencia do nome en honra á famosisima raínña de Exipto, Cleopatra.[1]

Cleopatra é un cráter complexo dentro da parte oriental da rexión dos Maxwell Montes do planeta Venus, e está situado nas coordenadas 65,8° N 7,1° E.[1] O cráter ten 105 km de diámetro[1] e 2,5 km de profundidade,[2] posúe paredes con chanzos, un dobre anel na crista do cráter, cun chan moi liso e escuro ó radar, e que a simple vista non ten cumio central (algo pouco frecuente nos cráteres de Venus). Tamén chama moito a atención unha sinuosa canle, a xeito de desaugadoiro, que atravesa a escarpada dobre crista do cráter. A través desta canle fluíu unha gran cantidade de lava e que cubriu varios vales na rexión de Fortuna Tessera. Cleopatra está superposto sobre ás estruturas dos Maxwell Montes e estas aparecen deformadas polo cráter, o cal indica que este cráter é relativamente recente.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 USGS Astrogeology (ed.). "Planetary Names: Crater, craters: Cleopatra on Venus". Gazetteer of Planetary Nomenclature. Consultado o 01-12-2011. 
  2. 2,0 2,1 2,2 JPL/NASA (ed.). "PIA00149: Venus - Maxwell Montes and Cleopatra Crater". Photojournal. Consultado o 01-12-2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]