Clemente III, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Papas do século XII
Antipapas

Clemente III

Clemente III (de nome de bautizo Paolo Scolari), nado en Roma en 1130 e morto o 27 de marzo de 1191, foi Papa da Igrexa Católica Romana do 1187 ao 1191.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Paolo Scolari, cardeal de Palestina, foi escollido papa o 20 de decembro de 1187 na cidade de Pisa por mor de que na mencionada cidade morreu a súa antecesor mentres preparaba a reconquista de Xerusalén.

Inmediatamente, e aproveitando a boa acolleita dos seus paisanos romanos, empezou a traballar para conseguir o regreso do papado a Roma, cidade da cal os papas se exiliaron en 1153 ao constituírse Roma en municipio libre baixo o mandato de Arnaldo de Brescia, chegándose a un acordo que permitiu a Clemente III volver a Roma en 1188 e escoller o gobernador da cidade, a cambio do recoñecemento do Senado Romano e da elección polo pobo dos seus maxistrados.

Logo deste éxito, Clemente III dirixe a súa atención á reconquista de Xerusalén mediante a organización da Terceira Cruzada. Para o que se reconciliou co emperador Federico I conseguindo que se puxese á fronte dun poderoso exército en que tamén participarán o rei inglés Ricardo I Corazón de León e o francés Filipe II Augusto.

Aínda así o conflito co emperador xermánico non tardará en reavivarse cando, á morte en 1189 do vasalo do papa Guillerme II de Sicilia, Henrique VI que sucedera ao seu pai Federico I, morto en Terra Santa, reclama o reino siciliano facendo valer os dereitos da súa esposa Constanza.

O Papa, vendo perigar a súa independencia se Henrique VI conseguía o seu propósito, apoia a elección como rei de Tancredo de Lecce, o que provoca a entrada do emperador xermánico en Italia á fronte dun gran exército para forzar unha entrevista co Papa e conseguir o recoñecemento dos seus dereitos, o cal non conseguiu debido á morte de Clemente III o 27 de marzo de 1191.

San Malaquías[editar | editar a fonte]

As profecías de San Malaquías refírense a este papa como De schola exiet (Saído da escola), que fai referencia ao seu apelido, Scolari (= da escola).