Claudio Pato
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Claudio Pato Díaz, nado en Ourense en 1962, é un poeta galego.
Índice |
[editar] Traxectoria
Participou en diversas publicacións colectivas xunto co grupo Bilbao de poetas galegos en Madrid. Colaborou nas revistas Dorna, Madrigal e Loia. Tamén participou no libro Xuro que nunca volverei pasar fame (2003), elaborado polas Redes Escarlata, organización da que é membro.
No ano 2009, co motivo da celebración do Día das Letras Galegas, participou no proxecto de acción poética, "A Revolta das Letras" en Santiago de Compostela.
É irmán da poeta Chus Pato.
[editar] Obra
[editar] Poesía
- Se o bruído e o amonal na casa das abellas. 1991.
- Libro de Xacobe. 1992.
- O almorzo do pintor de iconos Andrei Rublev. Xerais, 1997.
- Unha vida de traballo nos bosques do cánabo. Xerais, 2002.
- Como estás?. Estaleiro editora, 2011.
[editar] Obras colectivas
- Comercial. Poesía galega en Madrid. Río Xuvia, 1998.
- Poetas galegos en Madrid. Edicións do Castro, 2001.
- Xuro que nunca volverei pasar fame. Difusora, 2003.
- XXV Festival da Poesia no Condado. Sem as mulheres nom há revoluçom, 2011, S. C. D. Condado.
- Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro, 2011, Asociación de Escritores en Lingua Galega, libro electrónico.