Claudia Wallin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaClaudia Wallin
Biografía
NacementoRío de Xaneiro Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaEstocolmo Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeBrasil Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Federal do Río de Xaneiro Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , consultora , escritora Editar o valor em Wikidata
LinguaPortugués do Brasil Editar o valor em Wikidata

Páxina webclaudiawallin.com.br Editar o valor em Wikidata
Facebook: claudia.varejao.wallin Twitter: WallinClaudia Editar o valor em Wikidata

Claudia Varejão Wallin é unha xornalista brasileira, nada en Río de Xaneiro e radicada en Suecia, graduada en Xornalismo pola Universidade Federal do Río de Xaneiro e mestre en Estudos sobre a Rusia e ao Leste Europeo pola Universidade de Birmingham (Reino Unido). Traballou dez anos en Londres como directora da International Herald Tribune TV, xefe da oficina de Xornalismo da TV Globo de Londres e produtora da sección brasileira da BBC World Service, tras carreira no xornal O Globo do Río de Xaneiro. Colaboradora da Rede Bandeirantes, da BBC Brasil e correspondente da Radio Francia Internacional en Estocolmo.[1][2]

Autora do libro Um país sem excelências e mordomias, sobre a Suecia. Segundo Claudia Wallin, Suecia, hai menos de 100 anos, era un país pobre, pero habitado por un pobo determinado que conseguiu saír da pobreza e do atraso con investimento en educación, ciencia, tecnoloxía, xustiza e proxectos nacionais integrados. Segundo Claudia Wallin, é posible, con pequenos e grandes actos, rescatar unha cultura de respecto ás regras, ás leis e ao pobo e mellorar as condicións de vida para todos.

Libros[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. globotv (14 de xullo de 2014). "Jô Soares entrevista Claudia Wallin" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 14 de marzo de 2015. 
  2. Geração Editorial. "Um país sem excelências e mordomias" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 14 de marzo de 2015.