Classora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Classora
Tipobase de coñecementos
editar datos en Wikidata ]

Classora é unha base de coñecemento para Internet orientada á análise de datos, é dicir, un repositorio dixital que almacena información estruturada e permite representala en múltiples formatos: analiticamente, graficamente, xeograficamente (mediante mapas), así como realizar análises OLAP. A información de Classora procede de fontes públicas[1] e a meirande parte é cargada a través de robots automáticos e procesos ETL. A base de coñecemento dispón dunha web aberta[2] na que é posible consultar parte da información recompilada, e que permite a interacción de usuarios para completar datos e agregar opinións.

Internamente, Classora está organizada en unidades de coñecemento e informes. Unha unidade de coñecemento é calquera elemento cotián sobre o que se pode almacenar información en forma de ficha (unha persoa, unha empresa, un país... etc). Namentres un informe é un conxunto de unidades de coñecemento: unha clasificación de empresas, unha clasificación deportiva, unha enquisa sobre persoas, unha consulta dun usuario... etc. Precisamente, entre as principais capacidades técnicas de Classora destaca que permite cruzar informes e unidades de coñecemento procedentes de distintas fontes de datos, xerando así un importante valor engadido para todas as canles nos que se publica dita información: medios dixitais, TV interactiva... etc.

Estadísticas do proxecto[editar | editar a fonte]

En abril de 2012 incorporáronse máis de 2 000 000 de unidades de coñecemento, 15.000 informes, preto de 10.000 mapas e varios millóns de análises comparativas potenciais. Segundo a páxina de métricas web Alexa, Classora atópase situada no 100.557 da clasificación global e 2.880 na clasificación de tráfico en España.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Reportaxe na revista R". Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2012. Consultado o 24 de maio de 2012. 
  2. "Web aberta de Classora Knowledge Base". Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2019. Consultado o 22 de marzo de 2020. 
  3. "Métricas de Alexa para Classora". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 24 de maio de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]