Categoría gramatical
Categoría gramatical é o termo empregado para a clasificación das palabras segundo o seu tipo. Dito vocábulo foi introducido por Antonio de Nebrija. Modernamente o termo categoría gramatical refírese a unha variable lingüística que pode tomar diferentes valores que condicionan a forma morfolóxica concreta dunha palabra moito máis xeral có uso tradicional do termo.
Índice |
[editar] Categorías na gramática tradicional
En gramática tradicional a clasificación segundo categorías é de tipo semántica e non-funcional. O concepto tal como se introduciu a gramática tradicional considérase superado e foi substituído por unha análise máis moderna, así a todo, o seu uso segue sendo común na gramática escolar e tradicional.
As categorías que recoñece e a clasificación que propón a gramática tradicional son |morfolóxicas e non se deben confundir coa función sintáctica que desempeña a palabra ou grupo de palabras (locucións).
A gramática tradicional distingue nove partes da oración (as oito de Nebrija mailo artigo):
As cinco primeiras (artigo, nome, pronome, verbo e adxectivo) son as chamadas partes variables da oración, pois as palabras que pertencen a estes tipos poden variar en xénero e número, sen deixar de se-la mesma palabra. Unha excepción constitúea o verbo, que non varía en xénero, pero si en número, persoa, tempo, modo, voz e aspecto.
Obviamente esta clasificación da gramática tradicional non é aplicable a linguas como o chinés, o turco ou moitas linguas amerindias, ben por carecer de flexión ou ben por carecer de preposicións, ou ben porque verbos e adxectivos forman unha clase única.
[editar] As categorías na gramática moderna
En teoría lingüística moderna, o termo categoría gramatical inclúe moitos máis aspectos có termo tradicional, que en xeral só se refire a clases semánticas de palabras. En termos xerais unha categoría gramatical é unha variable morfolóxica que pode tomar diversos valores para unha clase de palabras á que se aplica, por exemplo, a clase dos verbos presentan variacións ou realizacións diferentes segundo o seu tempo, modo, persoa, etc. e cada unha destas variables pode tomar diferentes valores, por exemplo en español a variable "tempo" pode toma-los valores de pasado, presente ou futuro. Normalmente as categorías gramaticais están suxeitas a restricións de concordancia gramatical. Algunhas das categorías gramaticais máis frecuentes entre as linguas de mundo son:
- Nos elementos predicativos (verbos):
- Aspecto gramatical
- Modo gramatical
- Tempo gramatical
- Voz gramatical
- Valencia (intrasitividade, transitividade, ditransitividade).
- Animacidade
- Evidencialidade
- Nos designativos (nome, adxectivo):
- En elementos designativos e predicativos:
- Xénero gramatical (nas linguas semíticas).
- Número gramatical
- Animacidade
[editar] Criterios e procedementos para delimitar categorías gramaticais
A Gramática tradicional usou sobre todo criterios lóxicos, de aí a pouca fiabilidade das súas nas súas caracterizacións dos accidentes. Posto que a aproximación a estas unidades se encauza nunha óptica estrutural, intralingüística, os criterios empregados han de ser estritamente lingüísticos.
Así pois, mediante técnicas de segmentación e conmutación delimitaremos as categorías gramaticais como unidades formais que contrastarán sintagmaticamente e que se oporán paradigmaticamente.
Como formas lingüísticas as categorías gramaticais pertencen ó grupo dos signos e inclúense, polo tanto, no primeiro modo de articulación: son signos mínimos, ou o que é o mesmo, morfemas flexivos.
[editar] Problemas na delimitación
Se os mecanismos de expresión deixasen de ser variados de xeito que en tódolos casos os significantes tivesen un modo de expresión particular e único, e se cada contido se asociase cun único significante, entón non existirían problemas para a descrición das categorías gramaticais. Sen embargo as linguas son demasiado ricas e complexas na súa configuración interna como para que na súa presentación externa teñan un mínimo de elementos. Esta circunstancia provoca que nos achemos ante as seguintes dificultades:
- Alomorfia: Acontece cando diferentes expresións substanciais o son dun único significante. As diferentes variacións combinatorias dun morfema denomínanse alomorfos
- Homonimia:Cando unha única expresión substancial éo de significantes de diferentes morfemas. (andamos pode representa-lo Pres. Ind. ou o Perfecto). Morfemas homónimos
- Amálgama:Cando nunha única e indivisible expresión substancial se encontran manifestados varios significantes de varios morfemas (-mos manifesta primeira persoa e mais número plural.