Clarinbridge - Droichead an Chláirín
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Clarinbridge Droichead an Chláirín |
|||
|---|---|---|---|
Clarinbridge |
|||
| Provincia | Connacht | ||
| Condado | condado de Galway | ||
| Poboación (2002) | 2.092 hab. | ||
| Altitude | 5 metros | ||
| Páxina web | www.clarinbridge.ie | ||
|
|||
| Cidade da República de Irlanda |
|||
Clarinbridge ou Droichead an Chláirín en irlandés é unha vila situada ao sur de Galway, Irlanda na diocese de Kilmacduagh, na desembocadura do río Clairin na baía de Dunbulcaun (no extremo oriental da baía de Galway). É famoso pola súa festa anual da ostra, celebrado na segunda semana de setembro.
Clarinbridge foi a casa da familia Redington, que comprou boa parte da vila. A igrexa está localizada na súa rúa principal. Hai moitas outras ruínas nos seus arredores, salientando as de Killeely. Ten ademais unha importante tradición de hurling.