Clap Your Hands Say Yeah

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Clap Your Hands Say Yeah
Clap Your Hands Say Yeah 01.jpg
Orixe Brooklyn, New York, Flag of the United States.svg
Período 2005 - actualidade
Xénero(s) indie rock
Selo(s) discográfico(s) Wichita
Membros Alec Ounsworth
Robbie Guertin
Lee Sargent
Tyler Sargent
Sean Greenhalgh
Web oficial clapyourhandssayyeah.com


Clap Your Hands Say Yeah é unha banda estadounidense de indie rock baseada en Brooklyn, New York e Philadelphia, Pennsylvania. Formouse no ano 2005 e ese mesmo ano autodiaron o seu álbum de estrea, Clap Your Hands Say Yeah.

Historia[editar | editar a fonte]

Os membros da banda coñecéronse no Connecticut College e formaron Clap Your Hands Say Yeah posteriormente a principios do ano 2004, realizando concertos en Manhattan e Brooklyn. Destacan por ter conseguido a súa fama e o éxito comercial a través de internet en vez de a través dun selo discográfico. Pouco despois da edición do seu álbum de estrea, recibiron a atención de varios bloques e unha reseña favorable de Pitchfork Media. A demanda resultante para o álbum foi tal que a banda viuse forzada a re-prensar o CD, xa que a produción inicial quedouse demasiado pequena. O grupo conseguiu aínda máis promoción despois de que David Bowie e David Byrne fosen vistos nalgúns dos seus concertos en 2005.

O 3 de outubro do 2005 asinaron un contrato co selo británico Wichita Recordings, e a banda editou o seu segundo traballo, Some Loud Thunder, o 29 de xaneiro do 2007 nos Estados Unidos.

O 18 de setembro do 2007 foi lanzado Live at Lollapalooza 2007: Clap Your Hands Say Yeah en iTunes. Este está formado polo concerto completo que a banda realizou no festival Lollapalooza o día 4 de agosto dese mesmo ano.

Clap Your Hands Say Yeah apareceu na película do 2008 The Great Buck Howard, e o 21 de xaneiro de 2009, anunciouse que a banda abandonaba os seus plans de entrar no estudio para gravar o seu terceiro álbum, e que estaba tomándose un descanso mentres os seus membros se adicaban aos seus proxectos paralelos. O hiato público comezou a ter efecto despois de que a banda tocase na Brooklyn Academy of Music o 13 de febreiro do 2009, porén, o 4 de marzo interpretaron unha nova canción no programa Late Night with Jimmy Fallon, titulada "Statues", e que pode ser descargada de balde na súa páxina oficial. O hiato foi desmentido máis tarde cando o grupo asinou para encabezar o 40 Acres Fest na Universdade de Texas en abril de 2009.

Alec Ounsworth lanzou a súa estrea en solitario, Mo Beauty, a finais do 2009 mentres que ao mesmo tempo editaba Skin and Bones, o primeiro álbum coa súa outr banda, Flashy Python. Robbie e Tyler estiveron tocando noutro proxecto chamado Uninhabitable Mansions, xunto con Annie Hart de Au Revoir Simone. Editaron un 7" e tamén un álbum, titulado Nature Is a Taker. Robbie tamén toca a batería noutra banda, Radical Dads.

Recentemete o batería Sean Greenhalgh ten producido gravacións para un feixe de bandas como Takka Takka, Conversion Party, Sam Izdat, Radial Dads e Tom McBride.

No 2008, Lee e Tyler Sargent tocaron na banda sonora de James Lavino para a película de Alex Karpovsky Woodpecker.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

Álbums ao vivo[editar | editar a fonte]

EPs[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]